O mal tempo obriga a cancelar multitude de procesións en Galicia, a última, en Ferrol

A procesión do Santo Encontro de Ferrol tamén suprimida polo mal tempo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2025 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

A procesión do Santo Encontro de Ferrol, prevista para este venres, foi suspendida por mor da previsión de mal tempo. Así o comunicou a Xunta de Confrarías, que avanzou ademais que pode non ser a única cancelación, das que irán informando a través das súas redes sociais.

Esta cancelación súmase ás xa suspendidas en multitude de municipios galegos polas condicións meteorolóxicas adversas, primando, segundo defenderon, a conservación do patrimonio. En Ferrol, ademais, a Irmandade do Santo Enterro comunicou que os seus actos, o Desencravo e a procesión, celebraranse no interior da Concatedral de San Julián.

Procesión de Semana Santa
Procesión de Semana Santa | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta