Traxedia por un selfie nos cantís de Loiba, un home perde a vida

O helicóptero Pesca II de Gardacostas recuperou o cadáver.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2024 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

O helicóptero de rescate Pesca II, de Gardacostas, recuperou ao mediodía deste sábado o cadáver dun home que caeu ao mar nos cantís de Loiba, no municipio coruñés de Ortigueira. Un particular alertou ao 112 pasadas as 14:00 horas de que unha persoa caera ao mar desde os cantís. Nese momento púxose en marcha un operativo formado polos Bombeiros das Pontes, o GES de Ortigueira, a Garda Civil e Protección Civil.

Cantíl do que caeu o home
Cantíl do que caeu o home | Fonte: Galicia Confidencial

Segundo testemuñas presenciais, parece ser que o falecido era de León. Estaba a se sacar un selfie xunto ao cantil, preto do coñecido banco da zona, cando perdeu a estabilidade debido ao vento e caeu. Varias persoas que estaban alí para gozar da paisaxe quedaron conmocionadas polo tráxico acontecemento, e o banco foi acordoado. No mar, actuaron unha salvamar de Salvamento Marítimo e o helicóptero Pesca II, que finalmente recuperou o cadáver do home, que quedara mergullado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta