Un home na praia de Esteiro, en Ribadeo, ten que ser rescatado en helicóptero tras ser arrastrado pola corrente

A persoa non necesitou asistencia sanitaria xa que se atopaba en bo estado.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 05/08/2024 | Actualizada ás 00:36

Comparte esta noticia

O helicóptero Pesca II rescatou a un home na praia de Esteiro, en Ribadeo, tras ser arrastrado pola corrente. Segundo informou o 112, foi ao fío das 14.00 horas cando varios particulares alertaron de que un home realizaba xestos de socorro. A central de emerxencias, avisou aos socorristas, a Salvamento Marítimo, ao Gardacostas de Galicia, a Urxencias Sanitarias de Galicia, á Garda Civil de Lugo, Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Lugo. A Garda Civil mobilizou ata o punto a unha lancha para poder auxiliar ao home e o helicóptero Pesca II, de Gardacostas, desprazouse ata a zona e conseguiu rescatar ao home. Tras iso, a persoa non necesitou asistencia sanitaria xa que se atopaba en bo estado.

KAIAK Á DERIVA EN AMEIXIDA

Noutra orde de cousas, unha persoa foi evacuada nunha embarcación de Cruz Vermella tras perder o remo e quedar á deriva nun kaiak na praia de Ameixida, en Ribeira. O suceso produciuse sobre as 18.00 horas deste domingo e a central de emerxencias deu aviso a Salvamento Marítimo, a Gardacostas de Galicia, ao GAEM de Ribeira, á Garda Civil da Coruña e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira.

Helicóptero Pesca I
Helicóptero Pesca I | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta