O incendio de Trabada foi o máis importante rexistrado en Galicia o ano pasado, afectou a 2.329 hectáreas e obrigou a activar o nivel 2 do Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais. Desaloxáronse 7 aldeas e tiveron que cortarse varias estradas, entre elas a A-8, e a alerta estendeuse ao termo municipal de Ribadeo.
Aos seus 24 anos este mozo logrou impresionar a xurado, público e presentador deste concurso de talentos. Dende o Galicia Confidencial falamos con el para achegarnos á súa traxectoria.
  comenta   0
A investigación policial deu como resultado a identificación do turismo en Asturias, levando instaladas as lamias e os pneumáticos, supostamente subtraídos no despezamento de Barreiros.
O Santuario de Nosa Señora da Escravitude, en Padrón, é o que garda máis exvotos deste tipo: un total de 56. Séguelle o Santuario de Santa María da Pastoriza Virxe, en Arteixo, con 22. O escritor e investigador José Fuentes Alende conta ao GC as características e curiosidades destes cadros.
  comenta   0
Este investimento permitirá completar as obras de rehabilitación deste inmoble municipal para convertelo nunha residencia de vangarda, así como o regreso á localidade e xunto coas familias das persoas maiores que tiveron que ser trasladadas a outros centros por motivos das obras.
Este ribadense de 25 anos leva case tres traballando no deseño do seu coche ideal, cambiando as suspensións, os brazos, os reguladores de caída, os reguladores de converxencia, a freada, o lead, púxolle alerón, os faros, as taloneiras, o difusor, a propia cor... Hoxe coñecemos a súa historia!
  comenta   0
Os cortes da vía enfrontan ás forzas políticas mentres o Ministerio prepara a licitación dun sistema de guía láser para 2025. "Creo que a única solución sería lograr disipar esa néboa dalgunha maneira antes de que entre. O problema é que cando xa estás dentro do túnel de néboa, non tes capacidade de reacción, non ves a tres metros e xa non hai marcha atrás", asegura o alcalde de Mondoñedo.
  comenta   1
Entre as principais novidades deste ano atópanse a posibilidade de acampar e un servizo de autobuses desde varias provincias galegas
  comenta   0
O próximo día 7 viaxaremos a Ribadeo, nas terras do Eo, onde en Castropol o rexistrador da propiedade e bibliófilo Fermín Penzol Lavandeira tiña os seus apousentos. Desde ali soñaba coa reunificación da vella Gallaecia. A Fegalcat, (Federación de Entidades Culturais en Catalunya), ese día en acto público entregaralle o premio Alecrin a Carme P. Vaquero, polos seus moitos méritos nun labor desenvolvido arreo durante máis de trinta anos a prol da normalización lingúística desde o colectivo Galeguizar Galicia (www.galeguizargalicia.gal).
  comenta   0
Os nacionalistas detallaron que en Muros se atopa un barco que leva operativo desde 1985, mentres que en Ribadeo a embarcación asignada data do ano 1984.
  comenta   0
Xa na localidade de Vegadeo o vehículo detivo a súa marcha e o ocupante do asento dianteiro apeouse do coche e emprendeu a fuxida a pé, sendo interceptado pola Garda civil. O detido portaba un envoltorio de plástico de cor azul que contiña 65,56 gramos de suposta cocaína.
A defensa insistía en que neste caso "conclúese que a actuación do acusado, un mozo de 19 anos, consistiu en gozar dunha mariscada cun empresario, ao cal trasladara que era unha ligazón entre Vicepresidencia do Goberno e Casa Real (cargo inexistente), e co fin de impresionarlle contratou vehículos de alta gama e persoal de seguridade que reforzasen a imaxe de ser alguén importante".
  comenta   0
As mesmas fontes confirmaron que o asunto se remitiu á autoridade xudicial, que certificou o levantamento do cadáver
O home, de fala francesa, estaba nun lugar de fácil acceso, xustamente á beira das escaleiras de baixada á praia.
O barco mercante 'Albiz', que levaba troncos de eucalipto, quedou varado na mañá deste xoves nunha lingua de area das augas portuarias de Ribadeo. O capitán do barco contratou os servizos de dous remolcadores de Sertosa situados no porto de San Cibrao, no municipio de Cervo, para axudalo a saír do seu varamento.
A operación antidroga iniciada na Mariña tivo lugar tan só algúns días despois de que o pasado xoves Garda Civil e Policía Nacional desen por desarticulada, nun operativo conxunto, a actividade dunha organización criminal asentada en Lugo e dedicada tamén ao tráfico de sustancias estupefacientes.
Nos rexistros, que se practicaron polo menos en varios domicilios de Xove, Burela, Ribadeo e Riotorto, interviñéronse sustancias estupefacientes, material para corte e distribución e diñeiro en efectivo.
Segundo informaron a Europa Press fontes de Renfe, tras recibir notificación da incidencia ás 8.40 horas, a circulación volveu á normalidade tres horas despois, sobre as 11.30 horas.
  comenta   0
O alto tribunal estudo o recuro da defensa. De confirmarse a condena, o mozo acumularía suficientes anos de pena para entrar en prisión.
A Garda Civil investiga a un home de Ribadeo por causar danos nas instalacións polideportivas da localidade.
  comenta   0
Dúas investigadoras do Instituto de Historia do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Marta Moreno e Ana Crespo, imparten este xoves, ás 19.00 horas, na Fundación Exponav, unha conferencia sobre os resultados das campañas arqueolóxicas nun buque de guerra do século XVI.
  comenta   0
Os portugueses tamén a teñen como a súa favorita e deixarían o segundo e o terceiro posto para a praia das Catedrais, en Ribadeo, e a praia de Carnota, respectivamente.
  comenta   0