18F.- O Entroido, protagonista das primeiras anécdotas das eleccións galegas: monxas e presidiarios acuden ás urnas

A xornada electoral transcorre polo momento "sen incidencias destacables".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2024 | Actualizada ás 16:52

Comparte esta noticia

Este domingo 18 de febreiro, ademais de celebrarse as eleccións ao Parlamento de Galicia, na comunidade ponse tamén fin ao Entroido co coñecido como 'Domingo de Piñata'. Por iso, foron moitos os galegos que esta mañá acudiron a votar disfrazados. Por redes sociais circulan multitude de imaxes de, sobre todo ourensáns, que este domingo se achegaron ao seu colexio electoral a depositar o seu voto vestidos de monxa, presidiario, ou mesmo de animais como tigres, coellos ou elefantes.

Tamén disfrazado acudiu a votar un veciño de Ribadeo, aínda que neste caso non o fai con motivo do 'Entroido', senón que é xa habitual ver a este home exercer o seu dereito a voto caracterizado como o marqués de Sargadelos. Así mesmo, este domingo púidose ver por toda Galicia unha imaxe xa habitual: a de grupos de monxas acudindo a votar. Fixérono, por exemplo, no Centro Galego de Arte Contemporánea de Galicia á primeira hora da mañá.

DISPUTA ENTRE APODERADOS EN VIGO

Os apoderados tamén tiveron protagonismo este domingo. En Vigo, o expresidente do Celta, Carlos Mouriño, exerceu como tal. Tamén na cidade olívica produciuse unha disputa entre dous aporedados, do PP e de Sumar. Esta formación denunciou que o seu representante foi "agredido" cando lle chamou a atención á súa homóloga popular, que trataba de "ocultar" as papeletas do resto de partidos elegibles. O PP, pola súa banda, negou os feitos e asegurou que se tratou dun "altercado de carácter leve" cando o seu apoderaba asegurábase de que as papeletas estaban "correctamente".

Cigarróns no entroido de Verín, Ourense
Cigarróns no entroido de Verín, Ourense | Fonte: Rosa Veiga - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta