Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2024 | Actualizada ás 20:47
Máis de 170 localidades fixeron un izado da bandeira galega este sábado en homenaxe ao I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala. Segundo informa Vía Galega nun comunicado, máis de medio centenar de municipios, como Santiago --coa presenza da alcaldesa do BNG, Goretti Sanmartín--, realizaron diferentes actos conmemorativos nos que se leron poemas de Marica Campo (creados expresamente para esta campaña), Manuel María ou Ramón Cabanillas, entre outros.
Este é o terceiro ano desta campaña en recordo do I Asemblea Nacionalista que se celebrou en Lugo os días 17 e 18 de novembro de 1918. Un manifesto no que se declaraban nacionalistas e que asinaron, entre outros, Castelao, Ramón Cabanillas, Losada Diéguez ou Vicente Risco. Esta acción enmárcase na campaña de Vía Galega para divulgar e popularizar os símbolos nacionais de Galicia, como son o himno e a bandeira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.