O PSdeG pide á Xunta que bonifique a autoestrada Carballo-A Coruña como fixo o Goberno na AP-53

Patricia Iglesias asegura que un usuario diario da vía que une Carballo e A Coruña gasta 130 euros ao mes, ademais da gasolina.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2025 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

O PSdeG reclamou este xoves que a Xunta de Galicia aplique na AG-55, a autoestrada que une Carballo e A Coruña, as mesmas bonificacións que o Goberno do Estado activou para a AP-53, que une Lalín e Santiago, e a Autoestrada do Atlántico, a AP-9.

A deputada autonómica Patricia Iglesias e o secretario de Acción Territorial do PSdeG, Aitor Bouza, acudiron este xoves a Carballo xunto a portavoces socialistas dos concellos da comarca. Na visita, da que informou o PSdeG nun comunicado, Iglesias sinalou que "unha persoa que utiliza todos os días a autoestrada da Costa da Morte, Carballo-Coruña ou viceversa, ten unha media de 130 euros a parte da gasolina que lle custará ao mes" de gasto.

"Reivindicamos a gratuidade da AG-55 xa que vertebra esta comarca tan importante como polo económico, un dos máis puxantes de toda Galicia", explicou a socialista", dixo. "Queremos as mesmas bonificacións que aplica o Goberno de España na AP-9 e na AP-53", recalcou, para soster que "xa non hai escusas para o señor Rueda, que aposte pola gratuidade", apuntou.

O PSdeG reclama á Xunta que a AG-55 reciba 'as mesmas bonificacións' que o Goberno aplica á AP-53. PSDEG
O PSdeG reclama á Xunta que a AG-55 reciba 'as mesmas bonificacións' que o Goberno aplica á AP-53. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta