Sumar denuncia que que o dereito á vivenda "é imposible de cumplir en Galicia"

Denuncia que os bono aluguer de Rueda son "bonos regalo aos rentistas".

Por E.P. | VIGO | 12/04/2025 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

Movemento Sumar Galicia denunciou este sábado que os bonos de aluguer postos en marcha pola Xunta de Alfonso Rueda funcionan como "bonos regalo aos rentistas". Sumar organizou este sábado en Vigo unha mesa de debate sobre vivenda, na que participou a portavoz da formación no Congreso, Verónica Martínez Barbeiro e o secretario xeral en Galicia, Paulo Carlos López. Ademais, estiveron acompañados por representantes de Vos Ninguéns, Provivienda e o sindicato estudantil Fervenza.

Na súa intervención, López denunciou que a vivenda "é o principal problema da cidadanía galega, tamén da xente nova", e que o 50% da mocidade de entre 18 e 35 anos segue vivindo cos pais en Vigo, segundo o INE. "É un dereito imposible de cumprir en Galicia, espacialmente para a mocidade", afirmou.

Así, esixiu á Xunta que actúe "de inmediato" para crear seis novas residencias "100% públicas" nos campus universitarios, en colaboración cos concellos e universidades, para engadir 6.000 prazas. Pola súa banda, a portavoz no Congreso, Verónica Barbeiro sostivo que o problema "non é que non exista chan", senón que é "a especulación". Así, denunciou que en Galicia existen 500.000 vivendas baleiras, o que representaría un 30% do parque total existente. "Debe traballarse pola consecución dun parque público de aluguer do 20% do total de vivenda existente", afirmou para defender que se poña fin á compra especulativa ou un tope aos prezos de aluguer.

Xornadas de vivenda organizadas por Movemento Sumar Galicia en Vigo, coa participación de Verónica Martínez Barbeiro e Paulo Carlos López. MOVEMENTO SUMAR GALICIA
Xornadas de vivenda organizadas por Movemento Sumar Galicia en Vigo, coa participación de Verónica Martínez Barbeiro e Paulo Carlos López. MOVEMENTO SUMAR GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta