Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2024 | Actualizada ás 17:18
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou este sábado que a primeira xornada de comparecencias da comisión de contratos que desde este venres se celebrou no Parlamento de Galicia confirmou o que "desgraciadamente", apuntou, os socialistas indicaban que ía ocorrer: "Unha comisión do disparate e do paripé".
A preguntas dos medios nun acto do PSdeG en Vilagarcía de Arousa, Besteiro manifestou que as comparecencias lle lembraron "aos chistes que facía Gila". "Son un pouco o absurdo", destacou. Así, expuxo que se lles trasladou a documentación aos grupos da oposición "apenas unha hora antes de que empezo un comparecente" e lamentou tamén que sexan postos "unicamente polo PP". "Non saben de que se lles pregunta porque non foron responsables desas decisións e os que tiñan que comparecer non o fan", censurou.
Neste contexto, recoñeceu que espera "pouco" desta comisión que "segue o camiño do esperpento, do disparate e do absurdo", na que o PP "trae aos seus comparecentes e onde as comparecencias se fan para gastar o tempo e dicir que se fixeron". "Nós seguimos nesa comisión, pero paralelamente con esa achega da información e, sobre todo, trasladando á cidadanía galega accedendo a esa información e analizando o que foi un verdadeiro disparate: un sobrecusto salvaxe sobre a construción do Hospital Álvaro Cunqueiro, máis de 470 millóns de sobrecusto e finalmente todos eses contratos de emerxencia que se fixeron na época covid beneficiando unicamente a amigos e amizades de altos cargos do PP", criticou.
Nesta liña, comprometeuse a que os galegos teñan "máis información" sobre estes contratos "máis aló desta comisión". "O PSOE non deixará se empeño de que a xente coñeza a verdade do que ocorreu", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.