A continuidade á fronte da Generalitat do presidente Carlos Mazón sobrevoou o debate no Pleno, con constantes apelacións á cúpula do PP para que force a súa dimisión.
  comenta   0
O PPdeG rexistrou un voto particular ao ditame da comisión de investigación dos contratos, elaborado e aprobado en solitario polo seu propio grupo, para "desmentir as reiteradas referencias" da oposición a "vetos" de comparecentes e documentación.
  comenta   0
Este órgano pechará máis de dous meses de traballo controlado polo PPdeG á espera de que se resolva un recurso de amparo do BNG ante o Tribunal Constitucional
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, engadiu: "o malo é que, como non era a verdade dos promotores, iso non lles gusta, e eu laméntoo moito se non cumpriron os seus obxectivo"
  comenta   0
Ana Pontón asegura que os nacionalistas serán "firmes" ante as "corruptelas" despois de que os populares tratrasen de facer da comisión "unha farsa" para "tapar as súas responsabilidades" e non descartar tomar novas medidas.
  comenta   0
Chaman a declarar na última sesión aos ex dirixentes do BNG Rubén Cela e Alberte Souto para lembrarlle os "chanchullos" da empresa Carrumeiro no bipartito.A comisión pecha fase de comparecencias con negativa á prórroga dos traballos que expuña o BNG.
  comenta   0
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao Partido Popular de pretender pechar "en tempo marca" antes do Nadal a comisión, e avisou de que a súa formación seguirá investigando "sen excluír ningunha posibilidade".
  comenta   0
"Imos ir ata o final para coñecer a verdade", aseverou a portavoz nacional, Ana Pontón, un día despois da presentación dun recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional ao entender que os dereitos dos seus deputados foron "lesionados" pola actitude "ditatorial" do PP na comisión.
  comenta   0
Defende a "legalidade" de todos os contratos de emerxencia no primeiro debate da comisión de investigación dos contratos da Xunta. O exconselleiro recoñece que o modelo do Álvaro Cunqueiro foi "máis caro", pero conseguiu que se construíse "en tempo marca".
  comenta   0
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, lamentou este mércores o "afán recadador" do Goberno central co "machadazo" que suporá para os cidadáns, os concellos e as empresas concesionarias a nova taxa de lixo que se implantará o 10 de abril de 2025
  comenta   0
Di que Elena Candia mentiu cando dixo que tiña un informe xurídico que xustificaba que non se admitían as propostas da oposición. "Ese informe non existe", din os socialistas.
  comenta   0
Farao para fixar o inicio dos seus traballos en base ao plan que o pasado venres aprobou o PP en solitario. En concreto, o PP quere que "canto antes" empecen as comparecencias, entre críticas do BNG por derívaa " antidemocrática" dos populares.
  comenta   0
A negativa do PP a citalo nun órgano que se pediu en parte para que o ex presidente aborde os contratos coa empresa da súa irmán, pode rematar coa creación dunha "comisión alternativa". Rueda di que non quere chamalo para non "facer oposición" a nivel estatal.
  comenta   4
Ademais, o BNG, que fixo valer o peso dos seus 25 deputados para o impulso desta comisión no Parlamento galego, incluirá tamén máis de 30 peticións de documentación na súa proposta de plan de traballo.
  comenta   0
O presidente da Xunta censurou que a oposición critique os orzamentos autonómicos da Xunta "sen coñecelos" e puxo en valor os cambios introducidos polo seu Goberno a través do canon eólico
  comenta   0
O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, di que as normas da comisión de contratos aprobáronse conforme ao ditame dos servizos xurídicos.
  comenta   0
Tanto o BNG como o PSdeG avanzaron a súa intención de buscar que Rueda e tamén o agora líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, comparezan nesta comisión na que o BNG pretende analizar cuestións como os contratos da Xunta con empresas como Eulen ou o financiamento do Hospital Álvaro Cunqueiro.
  comenta   0
"Se mañá votan que non, estarán directamente dicíndonos que teñen moito que ocultar e que son culpables de cuestións das que agora mesmo hai dúbidas", dixo a líder nacionalista.
  comenta   0
A portavoz nacional do BNG pediu ao grupo 'popular' "que non vete" a constitución desta comisión, "pola contra, recoñece a súa culpabilidade, que ten moito que ocultar"
"Levamos seis meses e eu xa perdín a conta de cantas comisións de investigación ou simulacros de comisións de investigación dos que fala a oposición. Téñeno moi sinxelo, teñen a posibilidade de presentar a comisión e que se celebre. Sábeno dabondo", recalcou o líder do PPdeG e presidente do Goberno galego.
  comenta   0
Para os socialistas galegos, os datos "apuntan a un patrón preocupante na xestión do PP, onde contratos milonarios parecen beneficiar a persoas próximas a Feijóo e Rueda"
  comenta   0
"Ninguén dá a cara para ofrecer explicacións públicas e detalladas sobre o acontecido, mentres as dúbidas e as preguntas amontóanse á espera de respostas que só chegan de maneira parcial e ambigua a través de comunicados nos que o goberno local dedícase a sacudirse de enriba a súa responsabilidade", lamentou.
Pontón mostrou o seu desexo de que o presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, "non vaia a comisión para tapar as responsabilidades do seu partido e do señor Aznar ao ampliar ilegalmente as peaxes que pagan os galegos unicamente para que as empresas amigas do PP fagan caixa a conta de Galicia".
  comenta   0
A líder nacionalista, Ana Pontón, considera "un escándalo" que a Administración central "fixese que os galegos paguemos máis peaxes" por unha cuestión de "negocio" e "especulación" coas infraestruturas públicas.
  comenta   0
O BNG, o PSdeG e o deputado de Democracia Ourensá súmanse a unha reclamación para investigar os contratos da pandemia ante as "dúbidas" que existen.
  comenta   0