Rueda avisa que a Comisión de Investigación só funcionará "se se fala dunha cousa concreta"

O presidente da Xunta rexeita, como di Pontón, que sirva para falar dos "15 anos de chanchullo do PP".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/09/2024 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

Alfonso Rueda é moi tallante sobre o futuro da Comisión de Investigación rexistrada polo BNG na Cámara galega. "Agora abriarse o plan de traballo. Agardemos que sexa útil  e que se fale dunha cousa. Que se acote do que se quere falar e logo falaremos sen cortapisas nin límites", dixo o presidente galego ao ser preguntado polo obxectivo dunha comisión que se presentou para analizar os subrecustes do Álvaro Cunqueiro e tamén os contratos dos gobernos de Feijóo coa empresa na que traballa a súa irmá, Eulen. 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, prepara a súa reunión con Sánchez
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, prepara a súa reunión con Sánchez | Fonte: Xunta de Galicia

Ana Pontón suliñaba nunha entrevista esta fin de semana que ese órgano servirá para "aclarar os 15 anos dos chanchullos do PP". Unha afirmación que non lle gustou nada ao líder do PPdeG. "Tiña dúbidas para que acordou esta comisión, se era para pagar o apoio do PSOE nas autonómicas ou para acalar voces internas do BNG que cuestionan cousas que pasan nese partido o seu futuro. Agora teño claro contra quen van", indicou.

"Agora din que é en xeral para falar de todo. Dicían que era sobre os custes en pandemia, dos custes do Cunqueiro, e agora di que é para todo", criticou Rueda na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta deste luns. "Non se sabe se quere ir contra o Feijóo de 2009 ou o Feijóo de 2012, pero hai que lembrarlle que estamos no 2024", engadiu.

O presidente galego suliñou que el "animou" a Pontón a "dar o paso" e presentar esa comisión para "aclarar o que haxa que aclarar" pero dixo que, para iso, o que hai que ter claro é sobre que hai que falar e "non falar de todo". "E cando saibamos, falaremos sn cortapisas nin límites", indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta