O PSdeG reclama unha comisión de investigación en Galicia sobre os contratos da Xunta con Eulen

Para os socialistas galegos, os datos "apuntan a un patrón preocupante na xestión do PP, onde contratos milonarios parecen beneficiar a persoas próximas a Feijóo e Rueda"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2024 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O PSdeG reclamou a creación dunha comisión de investigación no Parlamento de Galicia centrada nos contratos subscritos pola Xunta con empresas "vinculadas con familiares e amigos" do expresidente galego, Alberto Núñez Feijóo, e o seu sucesor no cargo, Alfonso Rueda. En concreto, a través dun comunicado difundido este martes, a secretaria de Organización adxunta dos socialistas galegos, Ana Pena, sinalou os contratos "millonarios" asinados polo Goberno autonómico coa compañía de servizos Eulen, na que figura como directiva Micaela Núñez, irmá do exmandatario galego e actual líder do PP estatal.

"O que sabemos ata agora, segundo revelacións de medios de comunicación e auditorías externas, lévannos a pensar que é absolutamente necesario pór o foco sobre estes contratos", resaltou o PSdeG, que apela ás forzas con presenza na Cámara galega, onde o PP ten maioría absoluta, a "unirse" en demanda de "transparencia e rendición de contas".

Os socialistas galegos sosteñen que desde maio de 2009, momento no que Feijóo asume a Presidencia da Xunta, Eulen "recibiu adxudicacións da administración autonómica por valor medio anual de 2,86 millóns de euros". A iso, engaden que en "só dous anos" de mandato de Rueda, o Goberno galego "ajudicó máis de 17 millóns" a esta compañía.

Para os socialistas galegos, os datos "apuntan a un patrón preocupante na xestión do PP, onde contratos milonarios parecen beneficiar a persoas próximas a Feijóo e Rueda", polo que insta a preguntarse se estes contratos "foron decididos en función do interese público ou se responden a outro tipo de interese".

"Para despexar calquera dúbida, é necesario que se investiguen a fondo", apostilou Ana Pena, que pediu "luz e taquígrafos" sobre este asunto que, ao seu xuízo, súmase á "opacidade" do PP en temas como o sobrecusto de 470 millóns na construción do hospital Álvaro Cunqueiro apuntado polo Consello de Contas.

CENTRO MÉDICO CERDEDO-COTOBADE

Por outra banda, a deputada do PSdeG no Parlamento galego Paloma Castro rexistrou este martes unha batería de iniciativas para cuestionar á Xunta sobre a situación no centro médico de Tenorio, no municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. A socialista instou á Consellería de Sanidade a garantir a cobertura da praza de pediatra neste ambulatorio que dá cobertura a case 6.000 persoas mentres o titular goza das súas vacacións.

"Os nenos e nenas deste concello non puden porse enfermos en agosto porque Rueda decidiu que non cubrirán as vacacións do seu pediatra", espetou Castro, que censurou que os menores se vexan "centrifugados" a servizos sanitarios en concellos limítrofes, coa consecuente "perda" da "continuidade" na atención médica.

Así, os pacientes son derivados a Forcarei, onde unicamente hai atención aos menores "un día á semana"; ou a Pontecaldelas, o hospital provincial de Pontevedra ou o centro de saúde da Parda, tamén en Pontevedra.

A secretaria de Organización adxunta do PSdeG, Ana Pena. PSDEG
A secretaria de Organización adxunta do PSdeG, Ana Pena. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta