Tomás Pérez Vidal é, ademais, actual membro do Consello de Contas, organismo encargado de fiscalizar o acontecido no hospital vigués, e foi ata 2020 conselleiro delegado do Grupo Puentes e Calzadas, unha das empresas que conforman a UTE concesionaria (Sociedade Novo Hospital de Vigo). Reafírmase no seu informe e, sen empregar a palabra "sobrecusto", rebaixa a 165 millóns a diferenza polo modelo escollido
  comenta   0
Defende a "legalidade" de todos os contratos de emerxencia no primeiro debate da comisión de investigación dos contratos da Xunta. O exconselleiro recoñece que o modelo do Álvaro Cunqueiro foi "máis caro", pero conseguiu que se construíse "en tempo marca".
  comenta   0
Os servizos xurídicos do Parlamento rexeitan a solicitude do Bloque de revogar o plan de traballo do órgano de investigación parlamentaria e Pontón ameaza con recorrer á vía legal ante a deriva dunha comisión que naceu co impulso da súa formación.
  comenta   0
Di que Elena Candia mentiu cando dixo que tiña un informe xurídico que xustificaba que non se admitían as propostas da oposición. "Ese informe non existe", din os socialistas.
  comenta   0
Ademais, o BNG, que fixo valer o peso dos seus 25 deputados para o impulso desta comisión no Parlamento galego, incluirá tamén máis de 30 peticións de documentación na súa proposta de plan de traballo.
  comenta   0
A número dous do PPdeG, o seu marido e conselleiros de Sanidade desde 2009 figuran na proposta dos socialistas, que inclúe a comparecencia de dúas conselleiros do bipartito
  comenta   0
O fraccionamento de contratos supón unha manobra co obxectivo de aforrar trámites burocráticos e pasos legais que poden dilatarse no tempo, Nalgúns casos é legal, mesmo pode beneficiar a diferentes empresas. Tamén existen outras contratacións cuxa división responde, presuntamente, a obxectivos clientelares con beneficiarios moi concretos e que eliminan a libre concorrencia, afectan aos fondos públicos e eliminan a competencia e a posibilidade de crear máis emprego
  comenta   0
Fontes do BNG confirmaron que solicitarán que comparezan neste órgano as persoas que consideran que formaban parte dunha "trama de cobro de comisión nos contratos pola vía de emerxencia realizados durante a pandemia".
  comenta   1
En Galicia constituíuse este venres a comisión promovida polo BNG que investigará os contratos da Xunta durante a pandemia con empresas como Eulen, a forma en que a administración autonómica adquiriu material sanitario durante a pandemia e o sobrecusto de 470 millóns pola fórmula elixida para a construción do hospital Álvaro Cunqueiro.
  comenta   0
O obxectivo dos nacionalistas, que utilizaron a 'bala' que en todo o mandato facilítalles o regulamento da Cámara autonómica ao lograr nas urnas un terzo dos 75 deputados que compoñen o hemiciclo galego, é que esta comisión analice contratos da Xunta con empresas como Eulen, da que é directiva a irmá de Feijóo, ou o modelo de financiamento do Hospital Álvaro Cunqueiro.
  comenta   0
O BNG denunciou que "moitos" contratos da Xunta son "troceados" para impedir que teñan que ser sometidos a concurso, unha práctica que, segundo Tabarés, emprégase coa compañía Eulen, que recibiu "xa" no que vai de ano contratos por valor de 1,6 millóns de euros.
  comenta   0
Tanto o BNG como o PSdeG avanzaron a súa intención de buscar que Rueda e tamén o agora líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, comparezan nesta comisión na que o BNG pretende analizar cuestións como os contratos da Xunta con empresas como Eulen ou o financiamento do Hospital Álvaro Cunqueiro.
  comenta   0
Tras activar a investigación dos contratos da irmá de Feijóo, Pontón di que "sería unha falta de respecto que non compareza". Tanto o BNG, como o PSdeG, xa anunciaron que pedirán a comparecencia do ex presidente e o actual mandatario galego. O PPdeG di que antes hai outras comparecencias "máis clarificadoras".
  comenta   1
"O PP non se caracteriza pola súa transparencia. Ampárase na súa maioría parlamentaria para rexeitar comisións e outros temas importantes que se piden aquí", sinalou o socialista Carlos López
  comenta   0
O conselleiro é consciente de que co inicio de curso haberá problemas co transporte escolar: "Este ano non será unha excepción".
  comenta   0
"Levamos seis meses e eu xa perdín a conta de cantas comisións de investigación ou simulacros de comisións de investigación dos que fala a oposición. Téñeno moi sinxelo, teñen a posibilidade de presentar a comisión e que se celebre. Sábeno dabondo", recalcou o líder do PPdeG e presidente do Goberno galego.
  comenta   0
O PSOE estende a Madrid, Murcia e Andalucía as súas dúbidas sobre contratos con Eulén. Esta empresa facturou máis de 34 millóns durante os anos de goberno de Feijóo en Galicia.
  comenta   0
Para os socialistas galegos, os datos "apuntan a un patrón preocupante na xestión do PP, onde contratos milonarios parecen beneficiar a persoas próximas a Feijóo e Rueda"
  comenta   0
Os sindicatos CIG e UGT convocaron mobilizacións no sector da limpeza de edificios e locais na provincia da Coruña "en defensa" do convenio colectivo e ante o bloqueo na negociación deste ano, unha situación da que culpan á patronal estatal. A mobilización non é só por esa contía que se debe, senón tamén polo "futuro do sector porque a chantaxe é se se paga ese 9,8 % ídesvos a quedar sen subida salarial" nuns anos.
Luís Bará considera "sospeitosas" adxudicacións a unha empresa para o rastrexo de casos covid vinculada a Ignacio Cárdenas, irmán de Eva Cárdenas.
  comenta   0
“Queremos saber porque hai unha contratación sistemática a dedo con Eulen, se estamos ante un caso de nepotismo, de favoritismo, de amiguismo puro e duro", asegura. Desde que Feijóo estivo de presidente en Galicia e ata antes da súa saída, a empresa Eulen facturou máis de 30 millóns de euros.
  comenta   0
As empresas da irmán de Feijóo e da parella de Ayuso son dúas das catro que máis contratos recibiron en 2021. Rueda di que son contratos de emerxencia en Galicia e insiste en que "non ten nada que ver" co 'caso Koldo'.
  comenta   0
O secretario xeral de Industria de CC.OO. Galicia, Víctor Ledo, "no seu momento", explicou, "impugnamos os pregos do contrato por non contemplar a subrogación".
  comenta   0