Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/12/2024 | Actualizada ás 15:32
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de "enorme acerto" activar a comisión de investigación sobre a contratación da Xunta conformada no Parlamento de Galicia, que "pon en evidencia" todo o que o PP "ten que ocultar".
"Estamos a ver como o PP tenta boicotar os traballos desta comisión. Eu digo que se non tivesen nada que ocultar, non terían nada que temer", apuntou Pontón nunha entrevista en RNE Galicia e recollida por Europa Press. Ese "boicot", continuou Pontón, é unha "evidencia da necesidade" de que se realizase esa comisión e, por iso, o BNG "seguirá persistindo" en que ten que haber "luz e transparencia".
Con todo, á portavoz da formación nacionalista o que "lle chamou a atención" foi todo o que "non se escoitou" nesa comisión de investigación, porque "só están" os comparecentes que "decidiu o PP", xa que "vetou todas e cada unha das propostas que formulou o BNG" e a "solicitude de acceso" á documentación.
"Chegando ao disparate de que se convocou ao presidente de Cataluña e non ao expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo", criticou Pontón. Esa "forma de actuar", continuou, "delata" a "culpabilidade" do PP e de Feijóo, que en Madrid "pide transparencia e comparecencias" e en Galicia "oculta información relevante".
REBAIXAS AP-9 E ORZAMENTOS
Noutra orde de asuntos, Pontón, consultada sobe as relacións do BNG co presidente do Goberno, Pedró Sánchez, sinalou que "espera" que cumpra "canto antes" co compromiso de incrementar as rebaixas da AP-9 e tamén que haxa presupostos para 2025 que permitan que outros compromisos que se adquiriron no pacto de investidura "póidanse materializar".
Pontón tamén explicou que, de momento, "non hai unha activación" de debate de orzamentos para o próximo ano e esperarán a ver que pasa nos próximos días no Congreso. "O que está moi claro é que a posición do BNG é a de sempre: man tendida, pero con condicións", remarcou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.