Advertiu de que o goberno local de Abel Caballero recoñeceu eses cambios, e lembrou que, xa entre a aprobación inicial e a aprobación provisional do plan, "coáronse pola porta de atrás" outras modificacións, como "a legalización do pelotazo urbanístico de Cabo Estai" ou o cambio de zona verde a chan dotacional de 25.000 metros cadrados da 'carballeira' de Casaliños en Navia, para a construción do chamado Vigo Arena.
Rego pide transparencia e rigor e insta a facer pública toda a información actualizada. A Consellería do Medio Rural subliñou que "por agora" non hai declarada ningunha zona vulnerable á contaminación por nitratos e incidiu que "é importante ter en conta que para poder elaborar e publicar un Plan de Acción é necesario que estas zonas estean declaradas".
  comenta   0
O presidente expón a súa posición tras os cumios europeos, mentres Feijóo reclama máis transparencia e pide eleccións se non hai orzamentos
  comenta   0
Un dos piares fundamentais de calquera democracia moderna é a transparencia na xestión pública. Nun sistema onde os recursos públicos proceden dos impostos das persoas contribuíntes, o acceso á información e á fiscalización dos gastos son dereitos esenciais para garantir que os cartos se empreguen de maneira eficiente e honesta.
  comenta   0
Avanza medidas administrativas e xudiciais contra unha decisión que, di, a Xunta xa tomara de antemán sen ter en conta criterios científicos e ambientais. Defensa da Ría acusa á Consellería do Mar de abandonar "a súa obrigación legal de defender ao sector do mar".
  comenta   0
A Xunta négao. Os e as investigadoras denuncian que esta situación está provocando que moitos deles pensen en deixar o centro e buscar outras ofertas no extranxeiro.
  comenta   0
"É un pouco inxenuo pensar que, por moitos medios e por moitos datos informáticos que manexen os gobernantes, van coñecer a realidade máis que as persoas que viven nas rúas e nas prazas da cidade e que teñen nela os seus traballos e as súas necesidades", di o catedrático da Universidade Politécnica de Madrid (UPM) Agustín Hernández Aja. Lamentablemente, semella ser o escenario no que nos atopamos actualmente.
  comenta   0
Vense utilizando, dende hai mais de 10 anos, a expresión "politización da xustiza e xudicialización da política" para describir unha das anomalías que caracteriza o funcionamento do sistema político español.
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción xunto coa Plataforma veciñal mina Touro O Pino denuncian que o Concello do Pino incumpriu o proceso de información pública da documentación.
  comenta   0
Vivenda asegura que "nunca negou ou ocultou os fondos europeos" tras un enfrontamento pola visita ás obras do barrio coruñés de Xuxán.
Sabes canto cobra ao mes o alcalde do teu municipio? Nas provincias de Lugo e Ourense ningún alcalde supera os 50.000 euros ao ano, agás os das capitais de provincia, mentres que na provincia da Coruña hai 11 que están por enriba desa cifra e, na de Pontevedra, 8.
  comenta   0
Deben ser ao mesmo prezo que as normais desde este xoves, pero Ucgal avisa de que "ninguén dixo que se teñen que equiparar por baixo"
  comenta   0
O PPdeG rexistrou un voto particular ao ditame da comisión de investigación dos contratos, elaborado e aprobado en solitario polo seu propio grupo, para "desmentir as reiteradas referencias" da oposición a "vetos" de comparecentes e documentación.
  comenta   0
Segundo apuntou, a RFEF limitouse a constatar que Vigo quedara fóra, e o Comité apuntou que o motivo sería a obtención dunha puntuación inferior ao resto de sedes, en concreto, referíase a unha baixa valoración no apartado de 'estrutura financeira'.
Propoñen á socialista Rosa María Dalama como alcaldesa entre críticas á "actitude ditatorial" da actual rexedora (Xuntos polo Irixo). A dirección do PP autoriza a operación que desautoriza a dirección do PSdeG.
  comenta   0
O 41% dos profesionais do terceiro sector admite a dificultade para chegar aos mozos e implicalos.
  comenta   0
Así, crearanse 173 prazas en Valga, 110 en Burela e 65 en Padrón. Ademais, "amplíanse as prazas existentes en Santiago e outros municipios do territorio".
  comenta   0
Di que Elena Candia mentiu cando dixo que tiña un informe xurídico que xustificaba que non se admitían as propostas da oposición. "Ese informe non existe", din os socialistas.
  comenta   0
APIA outorga o seu Premio Vía Crucis 2024 á multinacional Altri á que critican por non manter unha "comunicación aberta" cos xornalistas.
  comenta   0
A través deste contrato de concesión de obra pública, o goberno galego dá resposta ao futuro incremento de demándaa aparcadoiro do Novo Montecelo, coa creación de 892 prazas
  comenta   0
O fraccionamento de contratos supón unha manobra co obxectivo de aforrar trámites burocráticos e pasos legais que poden dilatarse no tempo, Nalgúns casos é legal, mesmo pode beneficiar a diferentes empresas. Tamén existen outras contratacións cuxa división responde, presuntamente, a obxectivos clientelares con beneficiarios moi concretos e que eliminan a libre concorrencia, afectan aos fondos públicos e eliminan a competencia e a posibilidade de crear máis emprego
  comenta   0
Facenda aprobará en 2025 un plan de recursos humanos para maior transparencia e menor duración de procesos selectivos. Prevé "automatizar" os concursos de méritos "para axilizalos e resolvelos no prazo dun ano"
  comenta   0
O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, di que as normas da comisión de contratos aprobáronse conforme ao ditame dos servizos xurídicos.
  comenta   0
Non se pode descoñecer a crecente importancia das dinámicas que se rexistran no escenario internacional na evolución da situación social e política dunha parte relevante dos Estados actualmente constituídos. Cando se vivía nun mundo basicamente bipolar, a lóxica da confrontación entre o bloque encabezado polos USA e o que pilotaba a URSS diminuía substantivamente a marxe de autonomía das políticas desenvolvidas no seo dos distintos países dun ou doutro bloque. Hai 40 ou 50 anos, todo resultaba mais previsíbel e a grande maioría dos gobernos xa tiñan codificadas as respostas que debían dar aos feitos que acontecían na area internacional.
  comenta   0