Impugnan a tramitación da mina de Touro por irregularidades na consulta do expediente

Ecoloxistas en Acción xunto coa Plataforma veciñal mina Touro O Pino denuncian que o Concello do Pino incumpriu o proceso de información pública da documentación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/02/2025 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

Ecoloxistas en Acción xunto coa Plataforma veciñal mina Touro O Pino Non impugnan o trámite administrativo de exposición do Proxecto Cobre San Rafael para a reapertura da mina de Touro e O Pino ante o incumprimento do  proceso de información pública da documentación no Concello de O Pino.

Rolda de prensa de medio centenar de colectivos en contra do proxecto da mina de Touro-O Pino.
Rolda de prensa de medio centenar de colectivos en contra do proxecto da mina de Touro-O Pino.

Os concellos afectados pola proxecto da mina Cobre San Rafael teñan a obriga de poñer nas súas dependencias a documentación do proxecto a disposición das persoas interesadas, podendo ser en papel ou facilitar o acceso electrónico, en cumplimento da Lei 21/2013 de 9 de diciembre de avaliación ambiental e a Lei 19/2013, de 9 de decembro de transparencia e acceso á información pública e bon goberno.

Ecoloxistas en Acción e a Plataforma veciñal mina Touro O Pino Non denuncian que o pasado venres 31 remataba o período de presentación de alegacións e comprobouse que o concello de O Pino non atendeu a ningunha das solicitudes de información de varias persoas que intentaron consultar o proxecto na sede do Concello de O Pino, ao non dispoñer de equipos informáticos propios nos que poder comprobar a información. Aseguran que o propio personal do concello confirmoulles que  non teñen o proxecto en papel nin posibilidade de acceso electrónico. que se queren consultar o proxecto terán que ir ata Coruña ou á sede da Xunta en Santiago, 

Isabel García voceira de Exoloxistas en Acción e membro da Plataforma veciñal Mina Touro O Pino Non comunica que, ademais de rexistrar unha reclamación no concello de O Pino. trasladaron estes feitos á Consellería de Economía e Industría por considerar que non se pode informar favorablemente o proceso de información pública neste concello e en consecuencia se tería que habilitar un novo prazo de exposición pública do proxecto adoptando as medidas oportunas para que se cumpra a lei.

O Concello de O Pino ten a obriga de remitir un ao órgano tramitador do proxecto un certificado da exposición pública no que faga constar o lugar e período no que estivo exposta a documentación ambiental, polo que Ecoloxistas en Acción solicitou á Secretaria municipal de O Pino que recolla o incumplimiento do trámite de exposición pública a efectos da emisión do correspondente certificado.  Ecoloxistas en Acción e a Plataforma veciñal mina Touro O Pino Non entenden que os feitos son suficientemente graves como para que se impugne o procedemento de exposición pública do proxecto de Cobre San Rafael de ampliación e reapertura da mina de Touro e O Pino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta