Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2024 | Actualizada ás 13:20
O último pleno do período de sesións na Cámara galega incluirá as comparecencias dos conselleiros de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e de Facenda, Miguel Corgos.
Na sesión, que terá lugar os días 9 e 10 de xullo, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, deberá responder as preguntas dos líderes do BNG, Ana Pontón, e do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sobre as políticas de vivenda e as relacións cos concellos.
A cita política tamén incluirá o debate da petición do BNG para crear unha comisión de investigación que analice a prórroga da concesión da AP-9 polo goberno do popular José María Aznar ata 2048.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.