Por E.P. | VIGO | 17/04/2024 | Actualizada ás 16:48
Axentes do Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil acharon o cadáver do home que caeu ao mar tras envorcar unha planadora na Costa da Vela, no municipio pontevedrés de Cangas.
Desde o pasado venres, cando ocorreron os feitos, un gran operativo, coordinado por Salvamento Marítimo, trataba de localizar ao home. Finalmente, segundo informou a Benemérica, confirmáronse os peores presaxios, coa aparición do corpo sen vida do home nas inmediacións de onde sucedeu o accidente. Foi sobre as 14.25 horas deste mércores cando se localizou o cadáver a uns 13 metros de profundidade na zona de Hío, sendo trasladado ao peirao de Aldán, en Cangas.
FEITOS
Todo iso despois de que o pasado venres, pouco antes das 20.00 horas, un particular alertase aos servizos de urxencias de que presenciara como unha planadora, duns seis metros de lonxitude e de nome Joygo Un, envorcara en Cangas, pero sen ser capaz de ver ao seu tripulante.
No momento, activouse un operativo, coordinado por Salvamento Marítimo, e que contaba coa participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Garda Civil e dos membros de Protección Civil de Cangas, que actuaban en terra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.