A campaña de libre marisqueo na ría de Arousa comezará o 1 de outubro

A Consellería do Mar destacou "a mellora do stock" da ameixa babosa de talla comercial en Bohío respecto das mesmas datas pero en 2023, e aínda que Os Lombos "non presenta uns resultados óptimos", decidiron incluír a súa apertura para "velar polo equilibrio económico e social" desta actividade pesqueira.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 25/09/2024 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar acordou co sector a apertura da campaña de libre marisqueo na ría de Arousa para o próximo 1 de outubro. Así o comunicou despois de reunirse este mércores con representantes das confrarías da ría de Arousa para analizar os resultados das mostraxes realizadas polos técnicos do Centro de Investigación Mariñas (CIMA) nos bancos de libre marisqueo.

Deste xeito, o principal obxectivo da reunión era valorar xunto ao sector a situación que presentan na actualidade, así como decidir que data era a máis axeitada para retomar a actividade extractora. Así, analizados os datos obtidos, decidiron retomar a actividade extractora nos bancos dos Lombos do Ulla, Bohído e Cabío a partir do 1 de outubro co compromiso de avaliar a situación aos 15 días, segundo as capturas rexistradas. Na reunión, tamén participaron as direccións territoriais de Pontevedra e A Coruña da Consellería do Mar, membros de Gardacostas, o técnico do CIMA responsable dos traballos de mostraxe, así como o presidente da Federación de Confrarías de Pontevedra, José Manuel Rosas.

Segundo sinalou a Consellería nunha nota de prensa, durante a reunión destacouse "a mellora do stock" da ameixa babosa de talla comercial en Bohío respecto das mesmas datas pero en 2023, e aínda que Os Lombos "non presenta uns resultados óptimos", decidiron incluír a súa apertura para "velar polo equilibrio económico e social" desta actividade pesqueira.

A Consellería do Mar acorda co sector abrir o 1 de outubro a campaña de libre marisqueo na ría de Arousa
A Consellería do Mar acorda co sector abrir o 1 de outubro a campaña de libre marisqueo na ría de Arousa | Fonte: CONSELLERÍA MAR

Os topes establecidos por tripulante e día nas distintas especies son, no caso de Bohído de 2 quilos de berberecho, 3 quilos de ameixa babosa así como de carneiro, 1 quilo de ameixa loura e bicuda e medio quilo de ameixa fina. Mentres que en Cabío, no caso da ameixa babosa é de 2 quilos, a loura alcanza os 4, 5 de carneiro e inclúe a extracción do tipo reloxo ata un tope de 25 quilos diarios. Por último nos Lombos poderanse extraer 3 quilos de berberecho, 4 ameixa xaponesa e medio quilo da fina ao día.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta