A manifestación, impulsada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, reuniu embarcacións e cidadanía contra os proxectos industriais en Palas de Rei e Touro
  comenta   0
Así o fixo o BNG este mércores nunha rolda de prensa celebrada este mércores en Ribeira na que participou, entre outros, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a deputada no parlamento galego Rosana Pérez
  comenta   0
O GC continúa percorrendo a ría de Arousa para radiografiar a situación do marisqueo a pé. "Se seguimos así, igual temos que mirar de abrir un mercado na nosa casa para poder seguir vendendo", entre os baixos prezos, a falta de axudas e a escaseza do marisco, lamenta José Gómez Figueira, da agrupación de marisqueo a pé de Vilaxoán.
  comenta   0
O voceiro da Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa (PDRA), Xaquín Rubido, lamenta o "pouco peso político que ten Galicia dentro do conxunto do Estado" e a "falta de coordinación entre os distintos gobernos" cando se produce unha catástrofe desta magnitude. Así, aposta por "botar man do Estatuto de Autonomía de Galicia, que di que a competencia sobre o servizo de Salvamento Marítimo debería transferirse na súa totalidade a comunidade e que debería estar unificado".
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que esta "actuación orquestrada", ao seu xuízo, está "en moitos casos movida por unha serie de intereses, algúns lexítimos e outros claramente con intencionalidade política".
  comenta   2
A Consellería do Mar destacou "a mellora do stock" da ameixa babosa de talla comercial en Bohío respecto das mesmas datas pero en 2023, e aínda que Os Lombos "non presenta uns resultados óptimos", decidiron incluír a súa apertura para "velar polo equilibrio económico e social" desta actividade pesqueira.
  comenta   0
Desde o CEMMA cren que é posible que as interaccións con embarcacións da zona fosen provocadas por outros exemplares dispersos do grupo e non polas catro orcas xa identificadas
  comenta   0
O primeiro afectou a media hectárea e deste último, polo momento, non hai cifras sobre a superficie afectada.
  comenta   0
A protesta, convocada pola Plataforma en Defensa da Ría e Arousa (PDRA) e A Ulloa Viva, comezou ás 17.30 horas cando as embarcacións acudiron a recibir ao buque de Greenpeace.
  comenta   0
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará en próximos días a orde de axudas destinadas a compensar ás persoas armadoras e tripulantes das embarcacións afectadas pola veda temporal dos bancos marisqueiros de Lombos do Ulla, Bohído e Cabío, na ría de Arousa, Noia, e de Lourizán, Raxó, Sanxenxo e Marín, na ría de Pontevedra, así como os profesionais da actividade 'percebeira' de Bueu.
  comenta   0
As Plataformas Ulloa Viva e en Defensa dá Ría de Arousa denuncian que a consultora que desaconsellaba trasladar Ence de Lourizán a outro río é a mesma que defende o proxecto de Altri para o Ulla. Animan á cidadanía a presentar alegacións.
  comenta   1
Este veleiro chegou á ría de Arousa en tres planadoras en marzo do ano 2020, en pleno confinamento pola pandemia da Covid-19. Carlos Silla atópase nunha prisión en Portugal cumprindo outra condena de catorce anos por outro transporte de droga de 5.200 quilos de coca.
  comenta   0
Os e as mariscadoras da ría de Arousa denuncian que a elevada mortaldade de ameixa e berberecho, así como afectación nas bateas, ten como responsable a falta de coidado da ría. Apuntan a verteduras incontroladas, aumento de temperatura na auga e sobre todo, de falta de salinidade na ría, como elementos determinantes nas perdas económicas que están sufrindo.
  comenta   0
A deputada do BNG Rosana Pérez presentou no Parlamento unha batería de iniciativas sobre estas verteduras, "tras constatar a propia Administración altos niveis de contaminación augas baixo das balsas mineiras".
  comenta   0
"Un percorrido de 19 quilómetros en total que converte a esta proba nunha das máis esixentes fisicamente de Europa e que esta edición congregará a 140 atletas procedentes de 14 comunidades autónomas e de países como México, Arxentina, Cuba, Portugal, Andorra e Francia", destacou a Xunta.
  comenta   0
Así figura na resolución que a Consellería do Mar publica este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG).
  comenta   0
O río Ulla ten un percorrido que non está exento da presión humana nas súas beiras. Accións como represas, minaría, verteduras incontroladas ou a falta de elementos suficientes para manter as súas augas limpas, converten a segunda bacía galega nunha corrente que está perdendo a súa vitalidade paseniñamente.
  comenta   0
A ría de Arousa está atravesando un momento preocupante en relación á produción marisqueira e capturas de peixe. Segundo algunhas das confrarías, a maioría das estacións depuradoras están obsoletas e xa non cumpren coa súa función. Existen emisarios que verten augas sen depurar e as lamas procedentes de terra adentro, sobre todo en época de incendios, cando son arrastradas polo Ulla, afogan a produción pesqueira a pé e en barco.
  comenta   0
Capitanía Marítima de Vilagarcía de Arousa anunciou que desactiva a fase de emerxencia en situación 1 do Plan Marítimo Nacional de resposta ante a contaminación do medio marítimo na Ría de Arousa, que fora activada a semana pasada.
  comenta   0
Ao fío das 11,00 horas deste martes saltaron as alarmas no pequeno municipio arousán no que os veciños notaron "un forte cheiro a gasoil" e é que, a sombra o Prestige parecía que volvía asediar Arousa, que hai unhas semanas lembrábao no seu auditorio municipal.
  comenta   0
Víctor Dios é bateeiro na ría de Arousa. Sen querelo, o seu rostro fíxose recoñecible durante a crise do “Prestige”. Con toda a coraxe que levaba dentro enfrontouse ao presidente da Deputación da Coruña naquel momento, José Luis Torres Colomer. A actitude deste último fixo que a Víctor lle saíse “todo de dentro” e xunto con máis mariñeiros increparon e recriminaron ao presidente provincial a falta de medios para frear a chegada do chapapote ás bateas de mexillón.
  comenta   2
Desde o primeiro rexistro en augas galegas dun exemplar desta especie, en 2018, contabilizáronse numerosos individuos que iniciaron un proceso de asentamento nas rías, advirten investigadores mariños.
  comenta   0