Aberto o prazo para as axudas ás embarcacións pola veda temporal na ría de Arousa

O PSdeG cusou á Xunta de "boicotear" o asesoramento en confrarías que "non lle gustan".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/05/2023 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

director xeral de Pesca, Antonio Basanta, informou da orde de axudas aberta para compensar a armadores e tripulantes das embarcacións afectadas pola veda temporal nos bancos marisqueiros de Os Lombos do Ulla, O Bohído e Cabío, na ría de Arousa.

Lembra que estes apoios beneficiarán a uns 700 profesionais de 420 embarcacións marisqueiras. Para este fin, a Consellería do Mar destina uns 4 millóns de euros (cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca ), que poden ser "ampliables" en caso de ser necesario, explicou Basanta. O prazo de solicitudes está aberto desde o 2 de maio ata o 2 de xuño.

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta/ XOÁN CRESPO / Europa Press
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta/ XOÁN CRESPO / Europa Press

Ademáis, Basanta, aproveitou para criticar o "inxusto" veto de Bruxelas, que pretende eliminar o arrastre de zonas protexidas en 2030, e que identifica como a "plasmación dunha desilusionante" aposta "ambientalista". Así censurou que a revisión da Política Pesqueira Común é: "incoherente" por propor medidas "sen ter datos", "incompleta" e "inxusta" porque "carga sobre os ombreiros do sector" os "novos sacrificios".

CRÍTICAS PSdeG

Pola súa banda, o deputado socialista Julio Torrado acusou á Xunta de "boicotear" o asesoramento en confrarías que "non lle gustan". "Non sexan o brazo armado de ninguén para tomar ou asaltar confrarías", esixiu.

Nunha pregunta parlamentaria na Comisión de Pesca, Torrado denunciou que a Xunta impide á confraría de Cambados contar con asesores externos co cambio de patrón maior, xa que a participación de asesoramento legal producíase "desde 2014". Unha polémica que sucedeu "días antes de que se presentase unha moción de censura cun candidato do PP contra unha persoa que lles gañou o 95 por cento dos xuízos".

COMUNICADO DO BNG

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, urxiu á Unión Europea a brindar o recoñecemento necesario á pesca artesanal, algo que "prexudica" ao sector pesqueiro de Galicia e países como Irlanda. A europarlamentaria nacionalista atópase en Irlanda como parte dunha misión oficial da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, onde visitaron varias zoans pesqueiras do país.

"Comprobamos as semellanzas dos sectores pesqueiro galego e irlandés e o prexuízo que ambos sofren pola Política Pesqueira Común, co acusado descenso de cotas", sinalou Ana Miranda, segundo recolle un comunicado do Bloque.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta