Dispositivos acústicos, a fórmula para disuadir as interaccións cos grandes cetáceos

Así o recolle un estudo da OPP13 e o IEO.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2024 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

Un estudo promovido pola Organización de Produtores Pesca Fresca do Porto da Coruña (OPP13), en colaboración co Instituto Español de Oceanografía (IEO) de Vigo, constata a efectividade de dispositivos acústicos para disuadir cetáceos.

Trátase do primeiro estudo na comunidade autónoma galega sobre a efectividade destes dispositivos para evitar a captura accidental de cetáceos e reducir as interaccións con estes mamíferos mariños durante as actividades de pesca no caladoiro nacional Cantábrico Noroeste.

A falta de analizar a totalidade da información recompilada para a investigación, obtívose datos sobre a eficacia de catro modelos de dispositivos acústicos afastadores de cetáceos nas redes e a súa capacidade de minimizar as capturas accidentais nos arrastreiros de fondo, segundo se expuxo na presentación na Coruña.

Estes dispositivos xa son obrigatorios a nivel nacional desde 2021 pero ata o momento non se realizou unha campaña experimental comparando diferentes dispositivos en condicións reais de pesca, segundo asegurou o investigador do IEO de Vigo, Julio Valeiras, na xornada de presentación do proxecto PIN-Arrastre, que se celebrou este venres no Instituto Social da Mariña (ISM) da Coruña.

O acto foi presentado polo presidente da OPP13, Francisco Correa, que subliñou que esta campaña experimental é unha "excelente oportunidade para esclarecer se hai base científica ou non no uso destes dispositivos que pretenden ser de disuasión".

Candorca
Candorca | Fonte: MITECO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta