Reunión CIG-Industria para reclamar un convenio galego para o sector do metal

A federación de Industria comezou unha iniciativa, o pasado 20 de febreiro, con asembleas de delegados e mobilizacións diante das patronais das catro provincias para instar a abordar a posibilidade de negociar un convenio galego do metal

Por E.P. | OURENSE | 03/04/2025 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

A CIG-Industria celebrou en Ourense unha asemblea nacional de delegados na que abordaron a situación e as "principais problemáticas" de sectores como automoción, naval e eólico e, posteriormente, desenvolveuse unha manifestación para reclamar un convenio galego deste sector.

O secretario nacional da federación de Industria, Xoán Xosé Bouzas, remarcou que, fronte ao "proceso de centralización" da negociación colectiva con convenios estatais pactados "por cúpulas sindicais sen a participación dos traballadores", teñen "na súa man blindar" a negociación colectiva provincial dotándoos de convenios de ámbito galego.

Con ese obxectivo a federación de Industria comezou unha iniciativa, o pasado 20 de febreiro, con asembleas de delegados e mobilizacións diante das patronais das catro provincias para instar a abordar a posibilidade de negociar un convenio galego do metal.

Esta demanda, explicou a CIG nun comunicado, están a trasladala aos centros de traballo, á vez que desenvolven novas protestas, como a desta xornada diante da CEO.

O secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello; a responsable de Área Pública da CIG, Laura Arrollo; e Lucía Perón, da Executiva de CIG-Saúde; en rolda de prensa
O secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello; a responsable de Área Pública da CIG, Laura Arrollo; e Lucía Perón, da Executiva de CIG-Saúde; en rolda de prensa | Fonte: CIG - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta