Máis de 3.400 visitas ao V Car Outlet de Ourense

A organización amosa a súa satisfacción con 127 coches vendidos e un aumento substancial de visitas en comparación coa edición anterior.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 18/04/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Esta cita, organizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios Oficiais de Automóbiles de Ourense-ACAUTO, recupera así os bos datos das primeras edicións e consolídase como una cita moi agardada polos expositores e tamén polos visitantes. Dende ACAUTO indican que esta edición cumpriu as súas expectativas a pesar de que a boa climatoloxía desta fin de semana non contribuíu a animar a visitar o recinto. Esta quinta edición contou coa participación de 15 concesionarios oficiais que representaban a 24 marcas (dúas das cales participaron por primeira vez nesta cita) e que ofrecían máis de 400 opcións.

V Car Outlet de Ourense. Foto: Expourense.
V Car Outlet de Ourense. Foto: Expourense.

O ratio de visita por venda de coche aumentou con respecto a outros anos, o que ven indicar o alto nivel de interese do público. Segundo traslada a organización, os e as visitantes deste salón acudiron durante os tres días que durou a feira --14, 15 e 16 de abril-- coa “clara intención de compra, cunha idea bastante clara do que viñan buscar e cun orzamento tope marcado polo que buscan o coche que se adapte ao que tiñan pensado investir”. A esta cifra de ventas haberá que engadir as que se pechen durante os próximos días por parte dos “indecisos” durante a súa visita ao salón e tamén as xurdidas de contactos realizados durante a feira.

Dende ACAUTO explican que o proceso de compra dun vehículo supón un importante desembolso para as familias que “veñen ao salón, miran, van para a casa e pensar e aos poucos días veñen ao concesionario pechar a compra”.

A seguinte cita feiral relacionada co sector da automoción será o 1º Salón do Vehículo Clásico, que terá lugar a fin de semana do 24 e 25 de xuño. Como é habitual, no mes de outubro celebrarase tamén o Salón del Automóbil Novo (6 a 8 de outubro de 2023) e o Salón do Automóbil de Ocasión (20 a 22 de outubro de 2023).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta