Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2019 | Actualizada ás 18:31
A Consellería de Medio Rural convoca axudas para a subministración de froita fresca, castañas e leite nos centros escolares para o próximo curso.
O Diario Oficial de Galicia publicou a convocatoria este mércores, cun orzamento de 1,4 millóns de euros.
A distribución de froitas frescas e castañas levará a cabo durante 10 días lectivos consecutivos, mentres que no caso de leite líquido realzarase durante un mínimo de 20 días consecutivos.
Os períodos autorizados de repartición serán de novembro de 2019 a febreiro do próximo ano e de marzo a xuño de 2020.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.