No magosto, coñece a química que fai que a castaña saiba doce e leñosa e sexa rica en hidratos de cabono

Moléculas en Galego divulga as propiedades químicas deste froito seco que se converte na raíña do outono galego.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/11/2018 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

É tempo de magosto e a protagonista indiscutible desta festa é a castaña. Por iso, desde a conta Moléculas en Galego queren dar a coñecer a composición química deste froito tan característico da época.

Case a metade da castaña é auga, mentres que na outra metade destaca a súa alta proporción en hidratos de carbono, fundamentalmente amidón, así como o seu contido en tocoferois e tocotrienois.

En menor proporción, tamén contén azucres, principalmente sacarosa; lípidos, como o ácedo oleico ou o linoleico, e vitaminas C e B3.

En canto ao sabor, o furfural é o composto que lle outorga o característico sabor doce e leñoso.

Composición química da castaña
Composición química da castaña | Fonte: Moléculas en Galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta