CC.OO. impón o seu criterio sobre CIG e MAS para que Navantia siga no convenio estatal

Os traballadores deciden, cun 64% de votos a favor, continuar cun convenio único estatal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2025 | Actualizada ás 16:52

Comparte esta noticia

Os traballadores de Navantia Ferrol decidiron continuar cun convenio único en toda a empresa naval pública, a nivel estatal, cun  64% de votos a favor desta opción. Así o decidiron no referendo celebrado este mércores, entre as 05.30 e 15.00 horas, nas instalacións do propio estaleiro, onde se habilitaron tres mesas de votación.

En concreto, o 64% dos operarios, un total de 652 votos, situáronse a favor de continuar cun convenio único negociado a nivel do comité intercentros, mentres que o 33% restante reclamaba o dispor de con un convenio único para este centro de traballo.

Un total de 1.018 traballadores votaron neste referendo, dun censo composto por un total de 1.708 integrantes do persoal, o que representa un 60% do total con dereito a sufraxio. Tras este resultado, saíu adiante a opción que defendía o sindicato CCOO, que sempre se situou en contra dunha negociación única nos estaleiros da ría de Ferrol e que eran partidario de seguir negociando un estatal en todos os centros de traballo.

A proposta de ter un convenio propio era defendida por MAS e CIG, que son os que ostentan tanto a presidencia como a secretaría do comité de empresa, que non lograron conseguir que o seu criterio se impuxese entre os traballadores.

Navantia en Ferrol
Navantia en Ferrol | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta