UU.AA. esixe unha "discriminación negativa" en subvencións para industrias que pagan menos polo leite galego

Reestrutura o seu Comité Nacional para incluír por primeira vez representación dos territorios e distintos sectores produtivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2024 | Actualizada ás 15:24

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Unións Agrarias (UU.AA.), Roberto García, esixiu que as administracións realicen unha "discriminación negativa" nas subvencións para as industrias lácteas que discriminen a produtores galegos ao pagarlles menos que ao resto. En declaracións con motivo do Comité Nacional de UU.AA., celebrado en Teo, García denunciou que hai un diferencial de entre tres e seis céntimos no que reciben os produtores galegos por litro de leite en comparación coa media de comunidades. "Non hai razóns de mercado que poidan xustificar esa situación", recrimina.

Por tal motivo, require que "teñen que ter prioridade" as empresas que traten ás explotacións galegas en condicións de igualdade. Así mesmo, o líder agrario lamenta unha falta de "operatividade práctica" da lei de cadea pola que as comunidades non teñen desenvolvidos os seus observatorios de custos de produción, o que carrexa unha situación "inoperativa" á hora de controlar disfuncións en mercados como os do leite, carne e viño.

Iguamente, García solicita unha convocatoria da mesa negociación do sector do viño, posto que na Ribeira Sacra "seguen quedando uvas sen recoller" e as que se recolleron foron "por baixo de custos". Demanda á Xunta unhas axudas de mínimos que impidan que a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial non se vexa "frustrada" porque "quede abandona por viticultores aos que non compran as uvas ou a baixo prezo".

REESTRUTURACIÓN DO COMITÉ NACIONAL

Por outra banda, o Comité Nacional de Unións Agrarias constituíu por primeira vez a súa estrutura para incluír representación dos territorios e distintos sectores produtivos, que terán un peso relevante segundo a súa importancia por afiliación. Máis aló disto, UU.AA. celebrará o seu congreso en maio de 2025.

Ademais, Roberto García apunta a que será "unha prioridade" na actividade sindical a loita contra as enfermidades das reses, de modo que empraza a incorporar o ano que vén indemnizacións por lucro cesantes, así como a introdución nos seguros agrario de enfermidades como a lingua azul e a enfermidade hemorráxica epizoótica.

Comité Nacional de Unións Agrarias
Comité Nacional de Unións Agrarias | Fonte: UNIÓNS AGRARIAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta