O SLG advirte das primeiras cartas de adegas que confirman a negativa a comprar uva na Ribeira Sacra

Debido á excedencia de existencias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2024 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego (SLG) advertiu da chegada das primeiras cartas e comunicacións a viticultores aos que as adegas trasladan que non comprarán uva na Ribeira Sacra debido á excedencia de existencias. Nun comunicado emitido este venres, o sindicato reclamou á Consellería do Medio Rural que poña sobre a mesa medidas para atallar a crise de excedentes que se vive na Ribeira Sacra ante a "ameaza" de que leve "por diante" a "centos de pequenos e medianos viticultores".

O SLG pregúntase que pasos está a estudar dar a Xunta ante a chegada das primeiras notificacións negativas e por que aínda non convocou unha mesa de traballo cos axentes do sector para elaborar un "plan de choque" enfocado a "salvar dalgunha forma a campaña".

Neste sentido, reclaman medidas como a poda en verde e baixar rendementos das explotacións, a destilación de crise, limitar plantacións, a elaboración dun mapa "claro" que estableza "con certeza" os confíns da denominación de orixe ou á posta en marcha dun estudo de custos sobre a produción de uva na Ribeira Sacra.

Censura que a Administración autonómica tentase "restar importancia" ás consecuencias dunha posible crise de excedentes "fiando todo ao equilibrio final entre oferta e demanda ao procedemento destilación de crise", unha medida que o SLG considera que "non se vai a activar".

Nesta liña, o sindicato agrario lamenta que a Xunta non asumise a "responsabilidade" de deseñar unha alternativa "que permina non deixar caer centos de postos de traballo directos", algo que atribúen á "falta de creatividade" ou as poucas "ganas de traballar" que aprecian no departamento que dirixe María José Gómez. Así as cousas, advirten que a situación do sector do viño "é complicada a nivel de toda Europa", polo que son precisas medidas que vaian máis aló de "salvar" esta colleita.

FRUGA CENSURA AS "AMEAZAS"

Ao fío disto, Fruga emitiu outro comunicado no que censura as "amanezas" que "cada ano" reciben os produtores por parte da industria e que consideran que buscan unha baixada no prezo da uva.

Lamentan que as "regras" do xogo "sempre sexan marcadas polo elo máis forte da cadea", neste caso o sector transformador, que a FRUGA cre que se aproveita da "desprotección" dos produtores mentres a administración "unicamente adopta medidas cosméticas, pero non efectivas, como é o cso da Lei de Cadea Alimentaria".

Nesta liña, instou á Consellería do Medio Rural a adoptar solucións a través da convocatoria das "mesas do viño" para analizar a situación xunto aos consellos reguladores e as organizacións agrarias.

Carta recibida por produtor de uva da DO Ribeira Sacra. SLG
Carta recibida por produtor de uva da DO Ribeira Sacra. SLG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta