Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 02/01/2025 | Actualizada ás 19:53
O festival Ribeira Sacra lanzou este xoves os seus primeiros abonos á venda para a edición deste ano cun prezo promocional. Os abonos, que contan cun desconto extra para usuarios e usuarias do carné xove, poden comprarse na páxina web do evento, informa a organización.
A novena edición do 17º Ribeira Sacra será os días 18, 19 e 20 de xullo cunha programación na que a música, a gastronomía, o viño, a arte e o patrimonio "daranse a man ofrecendo unha experiencia completa para o público". "Unha programación de tres días na que non faltarán concertos de artistas nacionais e internacionais que pasarán por escenarios singulares como Adegas Regina Viarum", engaden.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.