Hai ben tempo que acreditei que o circulo vital, aínda que sexa só nun pequeniño trazo, non pechará sen a morte, xa que no caso contrario a vida continuaría, a morte non existiría e o tempo non teria unha explicación comprensiva e moito menos, cando vexo o que está a pasar no Sergas e a información xustificativa do que están a facer.
Unha premisa de partida. Sei que xestionar todo o referente a saúde pública debe ser algo complexo e que precisa antes que nada, analizar o seu estado real, contar a verdade da súa situación desde a atención primaria en cada unha das Vilas galegas aos hospitais Comarcais, pasando polas necesidades dun mellor financiamento, a situación nas Residencias de maiores, Centros de dia, a investigacion e moitas mais cousas.
Aínda así e sabendo que Newton dixo que o tempo era algo sólido e concreto como unha parede; e que Einstein descartou a rixidez da que falaba Newton e introduciu a noción de que o tempo varía en función do movemento, de quen está observando e da forza da gravidade, afirmou que o tempo non é máis que "unha ilusión tercamente persistente”, do mesmo xeito que Leibniz rebatera tamén a Newton, a vez que suxeriu que o tempo non era real, senón unha invención nosa.
Un día destes, namentres agardaba que me atenderan dunha doenza nun hospital chamoume a atención a publicidade do Sergas no referente á atención dás persoas. Cando falei co médico que me atendeu, ademais de poñerlle atención as súas explicacions sobre o resultados das probas que me fixeran, aproveitei a coiuntura para chantarlle o significado do meu concepto do "tempo" porque axuda a comprender o que está a pasar na Sanidade Pública. A miña suxestión foi que a Xerencia fixera unha nota aclaratoria que dixera algo asi:
“No Sergas non hai listas de espera, xa que tendo en conta o dito por Einstein e Leibniz ningún doente terá que agardar para ser consultado, nin para facer unha consulta, unha proba ou unha cirurxía, xa que o tempo non existe e polo tanto, os/as doentes deixádevos de críticas, protestas e reivindicacións. E máis, non precisades tratamentos nin menciñas e dubidamos se é necesario manter o Sergas coas nosas estruturas e plantilla. O que imos facer é manter a Consellería, ate que, todos estes (Newton, Einstein e Leibniz) se poñan de acordo. De todas maneiras, lembrade que morrer hai que morrer!!!”
Ánimo e un sorriso !!!