A escolla de calquera cita sempre se fai adrede. Desta vez, lembreime da "Aguia da Revolución" tal e como a chamaba Lenin. Despois da Revolución Rusa de outubro de 1917, Rosa Luxemburgo estivo en desacordo cos gañadores daquel proceso histórico pola súa disolución da Asemblea Constituínte electa e a supresión dos partidos rivais, dicindo: "a liberdade só para os partidarios do goberno, só para os membros dun partido, por moi numerosos que sexan, non é liberdade en absoluto". De feito, Rosa Luxemburgo sinalou que a situación alemá de 1919 non era igual a de Rusia en 1917, e que non contaban co necesario para derrocar ao goberno. Con todo, aínda que anticipou que viña unha grande desfeita sentiuse obrigada a participar. O presidente socialdemócrata Friedrich Ebert respondeu ordenándolle aos freikorps -para entón unha banda da extrema dereita pronazi- que esmagasen a rebelión. O 15 de xaneiro de 1919 produciuse o asasinato de Rosa Luxemburgo. Varios membros desa banda paramilitar citada detivérona xunto ao seu compañeiro da liga Espartaquista, Karl Liebknecht. Despois de torturalos, executáronos e lanzaron os cadáveres á canle Landwehr da cidade de Berlín.
A liberdade ten sempre unha perspectiva individual e, en calquera proceso colectivo, deixamos uns anacos do noso para adicarnos ao común, cando menos, no que está a ter efectos e consecuencias para a maioría da xente e, por iso, tivemos e teremos disposición a participar dun proxecto de novo a renovar para que as cousas vaian polo rego. Esta debera ser a dialéctica do cambio en calquera dos conflitos nos que os seres humanos es humanotamos metidos de cheo, aínda que queiramos fuxir deles, ben refuxiándonos nos desexos sen posibilidades de convertirlos en realidade ou mirando só para as nosas convenencias e se acaso liscar con tempo da queima na loita de contrarios ou nos debates que reclaman posicionamentos nidios nas accións a desenvolver, conformandonos coas teorias acomodaticias que tanto serven para un rachado como para un descosido e calando diante das contradiccións que emerxen do mal facer.
A universalidade das ideoloxías políticas e crenzas relixiosas precisaron sempre dunha base comunitaria de pertenza a algo establecido ou por construír para poder desenvolverse. A revolución nun so Pais ou a revolución permanente foi, é, un debate persistente no tempo, a pesares de ser duas teses opostas tan defendidas como rexeitadas e que aínda contan con seguimentos nas diferentes correntes da esquerda. Do mesmo xeito, o diálogo interreligioso é unha necesidade tamén persistente que conta con apoios a pesares que os diferentes confrontos armados nos diferentes Países, teñan un substrato relixioso ademais do territorial, aínda que a maioría das veces a "información" dalles un revestimento ideolóxico político para dese xeito opacar o peso dás creenzas na dinámica dos confrontos armados ao longo e ancho deste Mundo. En conclusión, o internacionalismo só é posible desde unha base nacional real e sen imposicións imperialistas e as relixións queren asentar no universalismo dun so Deus pero sen renunciar as súas crenzas de orixe.
O individualismo é restrinxido de maneira natural ao individuo. Por iso para facer cousas cos demais, debemos saír da nosa cova de comodidade para atopar certos influxos para partillar ou influenciar. Por iso, na miña perspectiva, o nacionalismo non só é unha necesidade prioritaria da razón, senón tamén dos sentimentos porque ninguén fai renuncia da súa Patria, senón o fai obrigado pola forza ou por imposición "legal".
Ninguén escolle o lugar de nacemento, nin a nosa nai-pai pero dunha maneira ou outra e con diferente intensidade, na nosa vida todo isto ten unha pegada para sempre a que non podemos nin debemos renunciar. Por moito que falen, as fronteiras e a nosa pertenza a algo e alguén en calquera parte do Mundo, remata por impoñer unhas condicións e uns condicionantes de primeiras. A ideoloxía e as crenzas veñen logo. Convén seguir esta orde para tratar de axudarnos e poder axudar. Hai que pensa diferente pero trata de impoñernos a súa Patria ou as súas crenzas. Debería ser unha loita entre iguais e cunhas normas que protexera dita igualdade. A realidade é outra. Rosa Luxemburgo obtivo a nacionalidade alemá aínda que naceu en Polonia cando este País estaba dominado polo imperio ruso. Defendeu que unha Polonia independente só podía xurdir tras unha revolución socialista en Alemaña, Austria e Rusia. Mantiña que a loita debía focalizarse en contra do capitalismo e non na consecución dunha Polonia independente, negando por tanto o dereito de autodeterminación das nacións baixo o socialismo, o cal causaría o seu posterior enfrontamento con Lenin.
A soberanía de calquera Nación é unha prioridade na acción sociopolítica e non pode ficar só nun reclamo electoral para diferenciármonos de calquera outra ideoloxía sexa de esquerdas ou de dereitas, senón que é unha necesidade non só para que os pobos sexan ceibes senón para a veciñanza que vive nesa Terra. As veces a mestura do primario e o que ven despois, lévanos a confusión e instalados nela, todo parece lóxico. Por iso, nas diferentes ringleiras ideoloxicas hai xustificación e defensa dos Estados na conformación de hoxe con moi poucas excepcións, sexa con vestimenta federalista, autonómica ou centralista. O primeiro recordatorio que deberiamos facer a quen aspira a calquera universalidade, a pertenza a superestructuras por enrriba do nacional , a manter a súa integridade territorial sen dependendencia ou a un agrandamento do Estado de maneira rapiñenta, dás tres leises formuladas por Newton para que comprendan o que supón a soberanía nacional que no seu enunciado a primeira di que un obxeto - estructura- non cambiara o seu movemento a menos que actue sobre el unha forza; a segunda di, que os obxetos -estructuras- mais pesados precisan dunha forza maior para movelos e a terceira di, que por cada acción hai unha reacción igual e oposta
Os galegos e galegas temos unha Patria cunha pertenza obrigada ao Estado Español na súa Constitución. Somos unha Nazón pero os nosos dereitos e deberes só teñen recoñecemento nese marco xurídico-político. Por iso, un é nacionalista denantes que calquera outra diferenciación. Xamais comprendín a pertenza obrigada ou imposta porque no exercicio da liberdade a escolla é doada, de primeiras só compre escoitar a esixencia dos sentimentos e da racionalidade.
É verdade que no terreo do pragmatismo, o federalismo e o centralismo español poden permitir máis ou menos competencias autonómicas, pero non é menos verdade que por dita vía institucional non é posible o exercicio da autodeterminación e polo tanto a configuración do noso status como Nación libre e soberana, non é posible. Tamén é verdade que estamos diante dunha arquitectura concreta institucional e dunha correlación de forzas na que hai que moverse para acadar melloras para o pobo galego. O comportamento electoral non é unha constante. No mellor dos casos, o nacionalismo galego ten por diante un tempo acotado para acadar o seu obxectivo, de ser a forza tractora dun novo goberno galego para poder desenvolver un programa diferenciador do españolismo e acadar unha certa transformación para mellorar as condicións obxectivas das galegas e galegos, igualar o seu status con vascos e cataláns na relación co Goberno Español e agrandar a súa base social. Se nese tempo e na coxuntura de hoxe, non chegamos todo vai ser moi diferente e o apoio o nacionalismo galego vai voltar a ter un refluxo en beneficio do españolismo bipartidista e da esquerda estatal.
A oportunidade de hoxe convén aproveitala e debera existir disposición a falar delo sempre que ningún e ningunha nacionalista quede fora dun novo proceso sumador de esforzos no caso de que exista coincidencia na orde de prioridades e en como facelo.