Galicia entrega ao embaixador de España na Unesco o primeiro informe para que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio Mundial

A isto engadirase unha nova achega en febreiro de 2025 "cos avances producidos nestes informes durantes estes meses", explicou López Campos.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 20/09/2024 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, viaxou este venres ata París para entregar ao embaixador de España ante a Unesco, Miquel Iceta, o primeiro avance do expediente da candidatura 'Paisaxe da auga: Ribeira Sacra', para conseguir que en 2026 esta paraxe sexa recoñecido como Patrimonio da HumanidadeLópez Campos, acompañado nesta reunión pola directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez, destacou que a Xunta está a dar "os pasos precisos e cumprindo cos trámites establecidos" dentro deste "longo e ilusionante traxecto".

Neste sentido, confía en que esta candidatura, posta en marcha xa en 2017 (foi aprazada en 2021 por acordo entre a Xunta e o Goberno central), poida culminar no ano 2026 coa máxima distinción. O envío do expediente por parte do Executivo galego compleméntase coa documentación xa remitida por técnicos do Ministerio de Cultura. A isto engadirase unha nova achega en febreiro de 2025 "cos avances producidos nestes informes durantes estes meses", explicou López Campos. "Trátase dun paso fundamental co obxectivo final de que toda a documentación sexa revisada polos organismos avaliadores antes da súa valoración no Consello do Patrimonio Histórico de 2026", engadiu.

CONGRESO DE OUTUBRO

Neste contexto, a Consellería de Cultura lembra que o próximo mes de outubro a Ribeira Sacra acollerá o congreso internacional 'Fuentes', no que se reunirán expertos e especialistas culturais e de bens patrimoniais co obxectivo de avanzar na candidatura. Precisamente, López Campos convidou a Iceta a acudir e participar neste evento como representante de España ante a Unesco porque "contribuirá dun modo expoñencial á difusión da candidatura". Segundo informa a Xunta, o embaixador comprometeuse a acudir.

Ademais, o conselleiro de Cultura aproveitou para destacar as múltiples reunións emprendidas polo seu departamento con concellos e representantes locais para "escoitar, recoller e pór en común" todo tipo de valoracións e achegas. "O obxectivo e o desexo é facer que 'Paisaxe da auga: Ribeira Sacra', máis aló dun carácter institucional, sexa tamén unha proposta articulada polas xentes vinculadas estreitamente ao territorio, de maneira que sexa un ben patrimonial para todos sen deixar de ser a casa de moitos", abundou.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, co embaixador de España ante a Unesco, Miguel Iceta
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, co embaixador de España ante a Unesco, Miguel Iceta | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta