Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 09/02/2025 | Actualizada ás 14:00
Eres amante do coleccionismo? Gústanche as antigüidades? Entón, de seguro que en Casa Histórica Cambados (@casahistorica_cambados) non te vas aburrir. Esta vivenda de estilo barroco construída arredor do ano 1780 vinculada ao Pazo de Fefiñáns alberga no seu interior auténticas xoias de colección froito da recopilación ao longo de seis xeracións de todo tipo de obxectos. Dende culleriñas ata cámaras de fotos, teléfonos, radios, sombreiros... Aínda que, sen lugar a dúbidas, se hai unha colección que destaca sobre todas as demais, esa é a de bastóns. A día de hoxe podemos afirmar que se trata da colección de bastóns máis grande de Galicia, con máis de 180 pezas minuciosamente coidadas e expostas ao longo das escaleiras que unen as diferentes plantas da vivenda. Como nos conta ao Galicia Confidencial Elena, a súa propietaria, a maioría destes bastóns non tiveron utilidade, senón que foron mercados con fins decorativos pola súa singularidade. Acompañádenos nesta exploración, na que descubrimos un bastón co pau feito con cartilaxe de tiburón, outro con pene de touro e outro que agocha un sabre no seu interior. Explótanos a cabeza!
Colección de bastóns da Casa Histórica de Cambados | Fonte: @casahistorica_cambadosVer esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
Colección de bastóns da Casa Histórica de Cambados | Fonte: @casahistorica_cambados¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- (Vídeo) A maior colección de bastóns de Galicia: dende un mango feito con pene de touro a outro que agocha un sabre
- Canteiros, un oficio de mestres que pode desaparecer por falta de renovación xeracional
- Xeorxiana Goddard King, a primeira 'peregrina erudita'
- Un memorial lembrará aos 90 asasinados polo franquismo na que foi a prisión central de Celanova
- Multan aos propietarios do mítico colexio dos irlandes de Compostela, un edificio abandonado
- Betanzos aproba retirar os bancos metálicos do seu casco histórico