Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse no paseo marítimo de Santo Tomé sobre as 16.30 horas deste venres cando un particular alertou do suceso.
  comenta   0
Cando chegaron os axentes, o home resistiuse e empolicouse ao enreixado de entrada do centro. No forcexeo, cando un dos policías locais o agarraba por detrás, ambos caeron ao chan e o axente sufriu unha fractura nunha perna. Con axuda de profesores e pais, o home foi reducido, aínda que non deixou de patalear e tamén lesionou ao outro policía.
  comenta   0
Por que se abandonou a igrexa de Santa Mariña de Dozo? Por que non caen os seus arcos? Estas son só algunhas das preguntas que foron explicadas pola xente da zona a través de lendas. O GC visita o emblemático cemiterio que xa se adentra ata as ruínas da igrexa, declarado Monumento Nacional en 1943.
  comenta   0
Trátase dun veciño do Grove, de 59 anos de idade, relacionado coa operación 'Marine' levada a Cabo polo EDOA da Comandancia de Pontevedra no ano 2012, na que se interceptou o pesqueiro 'Ratonero', que transportaba 2.200 quilos de cocaína. En 2016, antes de darse á fuga, fora condenado a 10 anos de prisión.
  comenta   0
Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a xuíza emitiu un auto no que ordena que se continúe a tramitación das dilixencias polos trámites do procedemento abreviado contra trece persoas
  comenta   0
Só están abertas as das rías de Muros-Noia, Ares-Betanzos e a que hai en Camariñas.
  comenta   0
Segundo informa a Consellería do Medio Rural, os axentes realizaron unha inspección ocular e confirmaron que as chamas se orixinaron "por unha fonte de calor directa como un chisqueiro", polo que determinaron a súa intencionalidade.
  comenta   0
A día de hoxe os furanchos están tan de moda que hai locais que sen selo se poñen o nome e abren portas durante todo o ano. "Hai moito intrusismo", contan ao Galicia Confidencial Juan e Lorena, de Guía Furanchín.
  comenta   1
O titular galego enxalzou o traballo dos adegueiros e viticultores e o papel da Festa do Albariño, e apostou por "seguir impulsado todas as potencialidades e sinerxías" que ten Galicia no ámbito do turismo, a etnoloxía e a gastronomía.
  comenta   0
Dada a gran demanda rexistrada en pasadas edicións, nesta ocasión o Túnel do Viño ampliará o seu número de sesións a cinco cada día, ás que se suman dúas o sábado
  comenta   0
O alcalde da localidade, Samuel Lago, asegurou que esta festa "é icónica" e esta edición é "especial" ao coincidir con dúas distincións "moi significativas" para Cambados: Cidade Española do Viño 2024 e Pobo Máxico de España
  comenta   0
Trátase de Diley Albuerne González, de 78 anos. A leira na que foi atopada sitúase fóra do centro urbano de Cambados, a algo máis de 2 quilómetros da estación de autobús na que se lle perdeu a pista.
  comenta   0
Exercerán a súa función nos xulgados de Betanzos, Cambados, Cangas, Ferrol, Lugo, Marín, Monforte de Lemos, Redondela e Vilalba.
  comenta   0
Tras descartarse que fose cocaína, comprobouse que contiñan unha capa exterior dunha especie de fariña e bólas de poliespan.
  comenta   0
A Garda Civil detivo a un veciño de Cambados e investiga a un home da Illa de Arousa polo roubo nunha vivenda unifamiliar da localidade pontevedresa de Sanxenxo.
  comenta   0
A Garda Civil de Cambados detectou unha explotación no monte de Meis, onde pola forma en que se localizan rotas as rocas pode ser compatible co uso de métodos ilegais, coa fabricación caseira de pólvora como a máis habitual.
  comenta   0
Este veleiro chegou á ría de Arousa en tres planadoras en marzo do ano 2020, en pleno confinamento pola pandemia da Covid-19. Carlos Silla atópase nunha prisión en Portugal cumprindo outra condena de catorce anos por outro transporte de droga de 5.200 quilos de coca.
  comenta   0
O primeiro voo Vigo-Madrid programado para este xoves, da compañía Iberia, tivo que saír desde o aeroporto compostelán de Lavacolla.
  comenta   0
Un home de 52 anos de idade, J.V.M.D., veciño de Cambados, foi detido nun operativo conxunto de Policía Local e Nacional en Vilagarcía de Arousa, como presunto autor de varios roubos con forza.
  comenta   0
Asociacións hoteleiras piden "igualdade" nas esixencias para evitar a "competencia desleal".
  comenta   1