Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 18/11/2024 | Actualizada ás 14:35
Un veciño de Cambados foi detido este luns por axentes da Garda Civil cando estaba forcexeando con efectivos da Policía Local, que trataban de impedir que accedese a un colexio do municipio. Segundo informaron fontes da Comandancia, o incidente tivo lugar á primeira hora da mañá cando un individuo, veciño dun inmoble frecuentado por persoas consumidoras de estupefacientes, saíu á rúa gritando, "fóra de si" e pronunciando frases sen sentido. Nun momento determinado, dirixiuse ao colexio de Corvillón e o director do centro alertou á Policía para impedir que entrase.
Cando chegaron os axentes, o home resistiuse e empolicouse ao enreixado de entrada do centro. No forcexeo, cando un dos policías locais o agarraba por detrás, ambos caeron ao chan e o axente sufriu unha fractura nunha perna. Tras uns momentos de tensión, e con axuda de profesores e pais, o home foi reducido, aínda que non deixou de patalear e tamén lesionou ao outro policía. Finalmente, acabou detido pola Garda Civil, que o investiga por un suposto delito de atentado contra axentes da autoridade. O home foi trasladado a un centro hospitalario, onde quedou ingresado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.