Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/08/2024 | Actualizada ás 19:27
Catro menores e dous adultos tiveron que se trasladados tras unha colisión entre dous vehículos na PO-550, ao seu paso pola parroquia de Castrelo, en Cambados. O suceso produciuse sobre 16:05 no quilómetro seis da vía e foi un particular o que deu a voz de alarma e indicou que os ocupantes, que se atopaban fóra do vehículo, necesitaban asistencia sanitaria. Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, Policía Local, os Bombeiros de Ribadumia e os membros de Protección Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.