Investigan un incendio nun peirao de Cambados no que arderon máis de medio milleiro de aparellos de pesca

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 03/01/2024 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

Un incendio rexistrado a pasada madrugada no peirao de San Tomé, en Cambados, saldouse con máis de medio milleiro de nasas e outros aparellos calcinados e que se atopaban apilados ao aire libre, aínda que non se produciron danos persoais. O CIAE 112-Galicia recibiu unha alerta dun particular sobre as 3.20 horas deste mércores e deu aviso aos bombeiros do Salnés, Protección Civil e Garda Civil.

Os equipos de extinción lograron sufocar as chamas, que acabaron por destruír máis de 500 nasas, segundo a información trasladada polo propietario dos aparellos, e que causaron danos en varias embarcacións. A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer as causas do sinistro.

Nasas
Nasas | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta