Estudantes de galego en Londres participan en Galicia no programa 'Viaxe da Lingua 2024'

Unha vintena de mozos e mozas, do Instituto Cañada Blanch de Londres, visitan Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2024 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

Unha vintena de mozas, do case medio centenar que estuda galego no Instituto Cañada Blanch de Londres, visitan Galicia a través do programa 'Viaxe da Lingua 2024'. Trátase dunha iniciativa coa que colabora a Xunta a través das secretarias xerais da Lingua e de Emigración. O obxectivo é "promover o achegamento do alumnado estranxeiro á realidade cultural e patrimonial da comunidade".

Trátase de mozos que chegaron o pasado luns e que están a visitar Santiago de Compostela, A Coruña, as Rías Altas, Pontevedra e as Rías Baixas dentro dun programa de actividades vinculados á natureza, a cultura e a arquitectura.

Así, haberá visitas a museos pedagóxicos e universitarios, a vilas mariñeiras como Combarro ou Cambados ou parques naturais, entre outros. Tamén manterán intercambios culturais con alumnado galego. A viaxe terminará o venres cun acto de despedida.

Visita de estudantes de galego en Londres. XUNTA
Visita de estudantes de galego en Londres. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta