Por Galicia Confidencial | Cambados | 26/06/2024 | Actualizada ás 09:00
Un ano máis, o ciclo gastronómico bautizado como As Tardes do Atlántico volverá ofrecer unha experiencia gastronómica única e autenticamente atlántica na Terraza de Adegas Martín Códax.
Esta edición contará coa participación de nove destacados cociñeiros chegados de diversas zonas de Galicia, quen deleitará aos asistentes coas súas innovadoras creacións culinarias, nas que os protagonistas son o produto local e os albariños da adega organizadora cultivados e elaborados no Salnés.
A nova tempada de As Tardes do Atlántico comezará o 26 de xuño ás 20:00 horas e continuará cada mércores de xullo e agosto. Nesta nova edición, as entradas estarán dispoñibles semanalmente, cada xoves ás 12:00 horas poderanse adquirir as entradas para o evento da semana seguinte.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.