A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), en colaboración coa plataforma veciñal de afectados pola A-57 nas parroquias pontevedresas de Xeve e Bora, presentou unha demanda ante a Audiencia Nacional contra a autorización das obras do segundo tramo da autovía A-57, que discorre entre A Ermida e Pilarteiros, en Pontevedra.
  comenta   0
Os parques eólicos suspendidos cautelarmente no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) son Monte Festeiros, Outeiro Grande e As Penizas. A proximidade das infraestruturas a espazos de Rede Natura foi determinante para a adopción das medidas cautelares.
  comenta   0
En concreto refírese a hábitats prioritarios e singulares elementos geomorfológicos do glaciarismo "non contemplados" na declaración de impacto ambiental
  comenta   0
Datos colleitados polo grupo de investigación de análise e conservación da biodiversidade da USC amosan a presenza de 4 especies botánicas ameazadas, tres delas endemismos estritos, no territorio que pretende ocupar Altri-Greefiber.
  comenta   0
Lembro moi ben a primeira vez que visitei a Casa dos Ulloa, pazo de aboengo, situado en Esposende do concello de Ribadavia. Acababa de mercala o amigo Cándido Vázquez coa finalidade de convertela nunha casa rural.
  comenta   0
É o máis densamente explotado da bacía de Galicia-Costa, con 4 encoros. Se prosperan os proxectos de centrais de bombeo, o caudal deste río estaría case 190 anos "regulado".
  comenta   0
Este polígono forma parte dun único macroproxecto eólico xunto con Rodicio II, tamén paralizado cautelarmente polo TSXG. Nel habitan especies coma o lobo ou a aguia real, o voitre branco e o millafre real
  comenta   0
Trátase do polígono eólico Serra do Furco, no concello lucense de Becerreá. Este parque pertence ao macroproxecto eólico que Enel Green Power España S.L. promove na Serra dos Ancares.
Na feira de livro velho de Lugo sempre podes atopar algum livro interessante. Ontem, passeando a minha vista sobre as lombadas de diferentes exemplares, meus olhos tombaram num título bem reconhecido: “O Aforro e a Inversion na Galiza”, de Ramon Barral Andrade da Editorial SEPT. 1973.
  comenta   0
Representantes de Adega, Federación Ecoloxista Galega e a Sociedade Galega de Historia Natural acusan á Consellería de Medio Ambiente de converter ao Cogamads "nunha pantomima".
  comenta   0
Trátase da Medorra da Seara do Campelín en Navia de Suarna. Adega e Mariña Patrimonio piden unha investigación para comprobar estes feitos.
Adega advirte que a planta se convertería na fábrica de celulosa "máis contaminante" de España.
  comenta   0
O coñecido debuxante galego xa tivera un contacto anterior coa D.O. Valdeorras ao publicar no 2018 un caderno no que ilustra, con acuarelas e notas escritas, as súas vivenzas nunha vendima. A Feira do Viño será os días 1 e 2 de xuño.
  comenta   0
As actividades enoturísticas desenvolveranse entre o 24 e o 26 de maio e o prazo para inscribirse ábrese o día 2 de maio. Para facilitar o desprazamento ao territorio da D.O. Ribeira Sacra haberá un 'Bus do Viño' con saídas dende as principais cidades galegas: Ourense, Lugo, Vigo, A Coruña e Santiago.
  comenta   0
ADEGA denuncia que Acciona, titular do parque, quixo realizar a misma operación que a que se fixo no parque da serra do Oribio; comezar as obras sen ter licenza municipal. O alto tribunal paraliza tamén a construción do parque Marcofan, en Ourense.
Ata o 12 de maio o público poderá votar polos músicos e proxectos favoritos e os galardóns entregaranse en Pontevedra o día 15 do vindeiro mes.
  comenta   0
María Amigo Regueiro, educadora ambiental de Adega, cóntanos que levan dende o 2014 realizando labores de limpeza da planta na illa de Sálvora, pois "a partir dun pequeno fragmento pode rebrotar" e "non ten inimigos naturais".
  comenta   0
Nunha nota de prensa, a Plataforma Bora Xeves A-57 detallou que Adega pedirá xudicialmente a paralización cautelar das obras ata que se redacte unha sentenza respecto diso da causa que promoven, "polos danos que esta autovía causaría no medioambiente sen que se acreditase a súa necesidade por densidade de tráfico".
  comenta   0
A organización ecoloxista ADEGA di que a Xunta coñecía a presenza de especies ameazadas no espazo ocupado por Altri e evitou protexelo. "A cousa pode ser aínda máis grave, porque ao desbaldimento de cartos públicos podería engadirse tamén o delito ambiental por inacción dolosa", asegura.
  comenta   1
O TSXG cre que existen suficientes indicios que proban as deficiencias da avaliación ambiental do polígono eólico proxectado na Costa da Morte.
  comenta   0
No recinto feiral estarán representadas 15 adegas, haberá catas (oficial e popular), e un Túnel do Viño. Paralelamente terán lugar a XV Feira de Oportunidades e a XIV Mostra de Produtos de Artesanía, que organiza a Asociación de Empresarios de Chantada CCA Ribeira Sacra. O pregón, que será o domingo 10, correrá a cargo da escritora Fina Casalderry.
  comenta   0
Adega alerta sobre fallos de cálculo na solicitude da compañía portuguesa, que pon "un 1%-2%" pero en realidade, segundo a asociación, pide unha captación dun 9,2% do encoro de Portodemouros.
Así o denuncia ADEGA que asegura que o informe de impacto ambiental obviou a afectación á santolina de Melide (Santolina melidensis), a herba de namorar de Merino (Armeria merinoi) e á magarza de Barazón (Leucanthemum gallaecicum).
Ángeles Vázquez avanza a creación dun comité de expertos para avaliar a vertedura. CEMMA di que non prevé un "impacto significativo" nos ecosistemas. Rueda insiste na petición ao Goberno de España para centrar os recursos e esforzos na busca de sacos de pélets en altamar, e evitar así a chegada ás costas.
  comenta   0
A Fiscalía de Medio Ambiente anunciou a posible toxicidade dos pellets de plástico chegados á costa de Galicia. Sobre a composición química destes plásticos sábese que son bases de polietileno con estabilizadores contra raios ultravioleta. Porén, tanto biólogos como químicos non se pronuncian con firmeza sobre os efectos que poderían ter na cadea trófica que acaba no ser humano.
  comenta   0
Organizacións ecoloxistas dan consellos de como actuar ante a nova catástrofe das praias galegas e piden que os e as voluntarias que acudan as praias o fagan de xeito organizado.
  comenta   0