Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2024 | Actualizada ás 18:12
Unha especie de musgo única en Galicia foi descuberta na Illa de Tambo, segundo informa a organización ecoloxista Adega. Nun comunicado, sinala que este descubrimento "reforza a necesidade de protexer e regular os usos" da citada illa.
A 'Rhynchostegiella tenella' é un musgo diminuto, que forma tapices en lugares sombrizos e húmidos. Na península ibérica, está presente na zona mediterráneo e máis preto de Galicia en Asturias. Esta especie está presente tamén noutras illas atlánticas como as Azores ou as Illas Canarias, explica a organización ecoloxista sobre o achado.
O descubrimento foi realizado polo botánico e enxeñeiro industrial José Luís Caamaño que nos últimos anos está a desenvolver un traballo na explotación de flora briológica en lugares de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.