Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

As actividades enoturísticas desenvolveranse entre o 24 e o 26 de maio e o prazo para inscribirse ábrese o día 2 de maio. Para facilitar o desprazamento ao territorio da D.O. Ribeira Sacra haberá un 'Bus do Viño' con saídas dende as principais cidades galegas: Ourense, Lugo, Vigo, A Coruña e Santiago.

Por Galicia Confidencial | Monforte de Lemos | 01/05/2024 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Durante as fins de semana de maio vense celebrando dende hai uns anos a Primavera de Portas Abertas nas Rutas do Viño de Galicia das Denominacións de Orixe que conforman o territorio vitivinícola galego.

Visita adegas D.O. Ribeira Sacra. Fonte: Ruta do Viño da Ribeira Sacra
Visita adegas D.O. Ribeira Sacra. Fonte: Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 24 e o 26 de maio. Contarase con visitas guiadas e gratuítas a adegas con degustación de viño final. Concretamente visitaranse as seguintes: Adega Vella, Amedo, Adega Cachín, Bodega Ribada, Bodega Proencia, Casa Moreiras, Rectoral de Amandi, Condado de Sequeiras, Finca Míllara, Ponte da Boga, Ronsel do Sil, Val de Quiroga e Vía Romana. 

Nesa fin de semana contarase co Bus do Viño, con 4 saídas o sábado 25 pola mañá desde a Praza de Bretaña en Lugo, a estación de ferrocarril de Ourense, a Avenida Xardíns Méndez Núñez na Coruña e na Avenida de Madrid en Vigo (Centro médico Concheiro). O día 26 haberá un Bus do Viño con saída da estación de ferrocarril de Ourense, outro desde a Praza de Bretaña en Lugo e engádese unha saída desde Santiago de Compostela (Hotel Porta do Camiño). A actividade ten un custo de 10 €/adult@ e 5 €/nen@ (de 3 a13 anos) e o xantar non está incluído. 

As prazas son limitadas recomendando reserva previa na web da Ruta do Viño da Ribeira Sacra https://rutadelvinoribeirasacra.org/lista-actividades/es a partir do 2 de maio. Para información complementaria pódese chamar ao teléfono 698 167 991 ou contactar no correo electrónico rutavino@ribeirasacra.org.

RUTAS E ACTIVIDADES PARA COÑECER O TERRITORIO

Presentación da 'Primavera de Portas Abertas' da Ruta do Viño da Ribeira Sacra en Santiago. Falando o Presidente da DO Ribeira Sacra, Antonio Lombardía.
Presentación da 'Primavera de Portas Abertas' da Ruta do Viño da Ribeira Sacra en Santiago. Falando o Presidente da DO Ribeira Sacra, Antonio Lombardía.

-Coñece a Ribeira Sacra, con saída o 24 de maio do aparcamento do Parque dos Condes de Monforte ás 16:30h. O prezo é de 10€/persoa, sendo necesario un mínimo de 10 persoas para realizar a actividade que propón visita guiada ao Ecomuseo de Arxeriz e posteriormente á adega Casa Moreiras onde haberá cata comentada dos seus viños, harmonizados con queixos de Airas Moniz.

-Visita Cultural por Monforte de Lemos que terá lugar o 25 de maio de 10:00 a 13:30, con saída desde a porta principal do Parador de Turismo de Monforte de Lemos. Esta actividade gratuíta inclúe ruta a pé polo centro histórico monumental con guía especializada, para coñecer a Igrexa de San Vicente, a Torre da Homenaxe e o Colexio Nosa Señora da Antiga.

-Oliveiras e Viños de Quiroga, con saída o 25 de maio ás 10:00h. do aparcamento do Parque dos Condes de Monforte de Lemos. O prezo é de 10€/persoa, sendo necesario un mínimo de 10 persoas para realizar a actividade que inclúe transporte e guía acompañante para visitar o Museo Etnográfico de Quiroga, as oliveiras, os viñedos, a almazara e as instalacións da adega Val de Quiroga (cata de aceites e viño acompañados dun petisco típico da zona), e o antigo muíño de aceite de Bendilló.

-Entre Miradoiros e Viños do Sil, con saída do aparcamento o Parque dos Condes de Monforte de Lemos o 25 de maio ás 16:00h. O prezo é de 10€/persoa, sendo necesario un mínimo de 10 persoas para realizar a actividade que inclúe transporte e guía para visitar o miradoiro Pena de Matacás, a Adega Vella (cata de viños e petiscos), o miradoiro de Santiorxo e a adega Proencia (cata de viños e aperitivo).

-Ruta Literaria “Todo esto te daré”, con saída o día 26 ás 10:00h. do club náutico de Belesar. O prezo é de 10€/persoa, sendo necesario un mínimo de 10 persoas para realizar este roteiro circular -de cinco quilómetros e dificultade media- pola contorna do rio Miño entre viñedos, desde Belesar ata a adega Vía Romana con visita e degustación. Durante o percorrido farase a lectura de varios fragmentos do libro de Dolores Redondo inspirado nestas paraxes.

-Navegando polo Miño, con saída o 26 de maio ás 10:00h. do aparcamento do Parque dos Condes. O prezo é de 10€/persoa, sendo necesario un mínimo de 10 persoas para realizar a actividade que inclúe transporte e guía para visitar a adega Amedo (cata de viños con aperitivo), ruta na lancha Quinta Sacra entre Belesar e San Fiz e visita á adega Casa Moreiras (cata de viños e petiscos).

ENOLOXÍA E CATAS

-Cata “Enoturismo Urbano no corazón do viño en Monforte de Lemos”. O 24 de maio de 19:30 a 21:30 farase un percorrido polo Centro do Viño, copa en man, facendo tres paradas con cata, e rematando no patio do Centro coa degustación de catro viños e uns petiscos. Gratuíto.

-Experiencia Obradoiro “Enólogo por un día”. O 25 de maio de 10:30 a 14:00 con saída desde o aparcamento do Parque dos Condes para traslado á adega Finca Míllara onde os participantes crearán os seus propios viños co acompañamento e asesoramento dun enólogo. A experiencia inclúe visita e cata dos viños elaborados polos participantes. Prezo 10 €/persoa.

VISITAS DIVULGATIVAS

Ademais do anterior pódense realizar visitas ao Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra (Monforte) o venres 24, sábado 25 e domingo 26 de maio, ás 12.30 e ás 18.00 h. Ao Ecomuseo de Arxeriz (O Saviñao) nesas mesmas xornadas, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h. E tamén ao Museo Etnográfico de Quiroga que se poderá visitar o venres 24, sábado 25 e domingo 26 de maio.

EXPERIENCIAS DE LECER

O 25 e 26 de maio, previa reserva, haberá Rutas Guiadas en Segway pola Ribeira Sacra de 12.00 a 17.00 h. e Quinta Sacra ofrece paseos en barca eléctrica para descubrir a riqueza vitivinícola da Ribeira Sacra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta