Os avances das obras dean a avenida das Caldas, en Ourense, farán necesario pechala ao tráfico entre os días 7 e 17 de xaneiro.
  comenta   0
O Bispado de Tui-Vigo confirmou a presentación dunha denuncia ante a Garda Civil, o pasado 3 de decembro, pola falta de diversos obxectos de valor e documentos do Arquivo Histórico Diocesano e o Arquivo Capitular de Tui, aínda que matizou que "nada falta do inventario da Catedral e o seu Museo".
  comenta   0
'Prefiro condenarme' é o novo filme de Margarita Ledo Andión, a historia dunha "adúltera" que é xulgada nun tribunal eclesiástico denunciada polo seu marido. A cineasta ofrece unha visión da vida afectiva-sexual durante a ditadura franquista. Tamén é unha historia de resistencia fronte aos modelos sociais e xudiciais establecidos por lei até non hai moito tempo co obxectivo de controlar o corpo feminino "como unha fábrica de corpos"
  comenta   1
Unha importante parte do centro da capital galega permanece deshabitado. Trátase de impoñentes casas dos séculos XVIII e XIX que contan con máis de catro plantas e que, a día de hoxe, non se poden sequera poñer á venta por pisos nin converterse en hotel. O evento Creafogar ensina como se lle pode dar unha segunda vida a estas edificacións combinando mobles novos creados por artesáns galegos con mobles antigos.
  comenta   0
Por que se abandonou a igrexa de Santa Mariña de Dozo? Por que non caen os seus arcos? Estas son só algunhas das preguntas que foron explicadas pola xente da zona a través de lendas. O GC visita o emblemático cemiterio que xa se adentra ata as ruínas da igrexa, declarado Monumento Nacional en 1943.
  comenta   0
O GC visita este camposanto ubicado no concello de Padrón e coñece algúns dos seus segredos da man do profesor Manuel Lorenzo Baleirón, un dos maiores coñecedores da Iria Flavia romana.
  comenta   0
A perito xudicial en Arqueoloxía especializada en cultura celta África Castañeda confesa ao Galicia Confidencial que, "se se trata de recuperar a celebración tradicional tirando máis para o Halloween que para o Samaín, probablemente se remate perdendo".
  comenta   0
O GC visita da man de Sole, guía colaboradora da axencia Troulanda, o considerado por moitos como o cemiterio máis bonito de Galicia, para adentrarse na súa parte máis mística. Se queres coñecer máis historias, teñen unha visita guiada durante a Noite de Defuntos.
  comenta   0
A peza teatral, protagonizada polo cómico e bufón de sona internacional, chega ao Auditorio de Verín o vindeiro 14 de decembro ás 20:00 horas.
  comenta   0
Tal e como informou o 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as 14.40 horas no lugar da Igrexa, na parroquia lalinense de Goiás.
  comenta   0
No dicir dos antropólogos os defuntos están sempre próximos, mesturados cos vivos nunha interacción que traspasa a vida cotiá. Este aserto pódese comprobar facendo visitas aos nosos cemiterios a calquera hora do día; sempre hai alguén poñendo flores ou limpando a lápida do nicho. Ou mantendo unha reflexión íntima co defunto. Son maioritariamente mulleres.
  comenta   0
"É o mesmo que sexa un clérigo o que abusou de ti que un profesor de ximnasia? Eu creo que non é o mesmo, porque se lle pide unha especial exemplaridade", dixo Gabilondo ante as críticas de partidos como PP e Vox.
  comenta   0
Dos Milagres de Amil, en Moraña; á Franqueira, na Cañiza; pasando polos Milagres do Monte Medo, en Baños de Molgas; ou O Nazareno, na Pobra do Caramiñal. O GC conversa co investigador e escritor José Fuentes Alende, que recentemente publicou o libro 'Los exvotos en Galicia', sobre esta tradición tan especial.
  comenta   0
Trátase da igrexa que conserva máis cadros votivos en Galicia: un total de 56; seguida, moi de lonxe, pola de Santa María da Pastoriza Virxe, en Arteixo, con 22.
  comenta   0
O Galicia Confidencial fala co mestre, etnógrafo e historiador Clodio González sobre esta tradición popular que motivou algunhas das romaxes máis importantes de Galicia na actualidade.
  comenta   0
Foi atopada no ano 1781 nas catacumbas romanas de Santa Inés e traída a Galicia por un emigrante galego que adquiriu a súa imaxe en Cádiz. Cada 27 de setembro réndeselle culto nunha multitudinaria festa onde os exvotos son protagonistas.
  comenta   0
No momento de máximo apoxeo do psiquiátrico, este chegou a albergar a 1.500 pacientes, con anos nos que morrían 400. As condicións eran de máxima insalubridade, por non falar das condicións inhumanas dalgúns dos tratamentos. Chegou a haber un médico por cada 200 pacientes. Dende o GC, e da man dos guías de 'Patrimonio Invisible', adentrámonos neste escuro lugar!
  comenta   1
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia trasladou nun comunicado o seu pesar e as súas condolencias.
  comenta   0
Cando alborea a mañá despertan os namorados, pois o galo co cantar chamou ó día sen pranto. Aturuxou coma sempre, a súa obriga é cantar, e díxolle á lúa chea: Vaite lúa a descansar...
  comenta   0
A vila de Verín prepárase para acoller a XVII Feira do Viño, evento que reunirá 19 adegas da Denominación de Orixe Monterrei. Entre as actividades paralelas á mostra, destacan os concertos de Mercedes Peón, Soul Teller ou A Quinkillada.
  comenta   0
Os conselleiros de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; de Educación, Román Rodríguez; e de Mar, Alfonso Villares, asistiron este xoves ao dobre acto relixioso e cívico que cada 25 de xullo se celebra en Santiago en memoria de Rosalía de Castro.
Inés Calderón Medina, do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC, asegura que houbo un tempo, entre os séculos XI e XIII no que o matrimonio eclesiástico non era a única forma de unión entre a nobreza, senón que había moito concubinato, como unha forma de xerar alianzas políticas por intereses territoriais.
  comenta   0
Aterra é unha plataforma na que poñer en contacto demandantes e vendedores de terras agrogandeiras coa finalidade de seguir mantendo esta fonte de riqueza e emprego para a comarca. Así nolo conta Eva González, coordinadora do grupo de desenvolvemento rural Limia-Arnoia ao GC.
  comenta   0
Así, estes acordos, que veñen subscribindo desde varios anos, permiten financiar gastos derivados da consulta e expedición de certificados que acreditan a ascendencia galega de persoas emigrantes, de maneira que estas ou os seus descendentes poidan acceder á nacionalidade española.
  comenta   0
As actividades enoturísticas desenvolveranse entre o 24 e o 26 de maio e o prazo para inscribirse ábrese o día 2 de maio. Para facilitar o desprazamento ao territorio da D.O. Ribeira Sacra haberá un 'Bus do Viño' con saídas dende as principais cidades galegas: Ourense, Lugo, Vigo, A Coruña e Santiago.
  comenta   0
Esta gran nao está Sanxenxo, no porto deportivo. Iso si, non se trataba da Victoria orixinal, que se perdeu ao volver das Antillas cara Sevilla, senón dunha réplica idéntica.
  comenta   0
O Goberno cre que vai chegar aínda acordo coa Igrexa sobre o plan para indemnizar a vítimas de abusos que prescribisen. Con todo, a Conferencia Episcopal Española (CEE) asegurou que a Igrexa non pode aceptar un plan que discrimina á maioría das vítimas de abusos sexuais, dado que se circunscribe só a vítimas da Igrexa.
  comenta   0
Ademais, a xornada servirá tamén de homenaxe a Alfonso Zulueta de Haz, quen tivo un papel destacado na tradución da Biblia ao galego, cando se fan 100 anos do seu nacemento.
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, xurou o seu cargo ante o Estatuto de Autonomía cunha proclama: traballar polo "interese supremo" da comunidade que dirixe desde que en maio de 2022 converteuse en sexto presidente autonómico ao suceder a Alberto Núñez Feijóo. Non en balde, proclamou que "Galicia aspira a todo".
  comenta   1
Para pór en valor o traballo de todas as organizacións comprometidas na defensa das persoas vulnerables, en risco de exclusión e con menos oportunidades.
  comenta   0
Concentráronse en 26 cidades do Estado, entre elas Vigo e Santiago de Compostela. Esixen unha Igrexa sinodal de relacións horizontais onde non exista subordinación das mulleres.
  comenta   0