Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2024 | Actualizada ás 14:04
A pasarela peonil sobre o río Belelle, situada na zona de Subarreiros, en Neda, rompeu na noite deste luns ao martes. Segundo o Concello de Neda, a estrutura de madeira permanecía pechada desde a mañá deste luns, despois de que se detectase o agravamento dos defectos que sufría a construción. Tras recibir varios avisos, a administración local procedeu a cortar de inmediato o acceso á ponte peonil para previr danos persoais.
A construción, de 24 metros de ancho por 2,5 metros de ancho, foi inaugurada a finais do 2014, e os problemas cos materiais elixidos, madeira laminada e encolada de piñeiral, fixéronse evidentes en poucos anos. A rotura da pasarela obriga agora aos camiñantes e visitantes que queiran chegar desde paséoo marítimo ata o centro urbano a desviarse cara á igrexa de Santa María.
O Concello, segundo o alcalde, Anxo Alvariño (PSOE), iniciará en breve a redacción dun novo proxecto, que despois haberá que licitar, para volver conectar as dúas beiras do Belelle nas proximidades da piscina municipal. Adianta, no entanto, que se cambiará a estrutura, apostando por materiais máis duradeiros e seguros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.