A nivel xeral, a auga embalsada en Galicia sitúase, segundo as últimas estimacións, no 80,68 % (2.598 hectómetros cúbicos embalsados dos 3.220 de capacidade total). Isto supón 13 puntos máis que na mesma semana do pasado ano 2023, cando se situaban no 67,05 % da súa capacidade (2.159 hectómetros cúbicos); e case 11 puntos máis que a media da última década, fixada no 69,11 % (2.225 hectómetros cúbicos).