Finaliza con éxito a proba de funcionamento das sereas de aviso á poboación de 39 presas galegas

O primeiro sinal activouse o martes ás 9.00 horas en Belesar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2024 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

A Xunta finalizou con con éxito a proba de funcionamento das sereas de aviso á poboación de 39 presas galegas. O primeiro sinal activouse o martes ás 9.00 horas en Belesar e foi repartíndose en diferentes presas ata o mércores.

Tal e como explicou o goberno autonómico soaron as sirenas adscritas ás presas de San Cosmade ou Vilasenín, Vilagudín, Portodemouros, Belesar, Peares, Brandariz, Velle, As Guístolas, San Martiño, Montefurado, Sequeiros, Santa Eulalia, San Pedro, Santo Estevo, Río Covo e Dique de Collado, Albarellos, Casoio, Castrelo, Cenza, Chandrexa, Portas, Prada, San Sebastián, Peñarrubia, Pumares, O Bao, Cunchas, Salas, Baíña, Eiras, O Con, Caldas de Reis, Touro, Frieira, Ribeira, Eume, Fervenza, Santa Uxía e Cecebre. Ademais, na xornada o martes activáronse as sirenas de aviso adscritas ao plan de emerxencia exterior do depósito de lodos vermellos de Alúmina en Xove.

En Galicia, actualmente hai 46 plans de emerxencia de presa aprobados e os obxectivos que perseguen é ter definidas as estratexias para facer fronte a situacións que comporten risco de ruptura ou avaría grave, coñecer as zonas que quedarían alagadas en caso de ruptura, e ter previstos os sistemas de aviso tanto á poboación, como aos organismos xestores de Emerxencias. Son plans que buscan estar o mellor preparados posibles para situacións que comporten riscos nestas instalacións, e desta forma garantir a seguridade da cidadanía da contorna.

Encoro de Belesar no Río Miño. Carlos Castro - Europa Press
Encoro de Belesar no Río Miño. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta