O alcalde do Saviñao, sobre o incendio en Rebordaos: "Vese claramente que é intencionado"

Di que tivo tres focos diferentes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2022 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

O alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, non ten dúbida da intencionalidade do incendio que este martes se declaraba na parroquia de Rebordaos cunhas 20 hectáreas queimadas: "Vese claramente que é intencionado, porque falamos sobre o corredor da Deputación, pegado ao encoro de Belesar, con tres focos distintos".

O rexedor constata que o lume, que está "apagado e perimetrado" --o último parte da Consellería do Medio Rural, con datos ata as 8,30 da mañá, dábao por estabilizado-- e non afectou a vivendas, senón a "algunhas viñas".

"Non foi unha gran extensión", asegura Armesto, que detalla que foi contido por "medios aéreos, tamén cun buldózer", mentres que hai unha brigada "arrefriando a zona e hai unhas carrocetas por se se produce un rebrote" das chamas.

Aínda que Armesto incide en que non afectou a unha gran "extensión", si que "na ladeira parecía máis do que finalmente foi", para volver insistir na intencionalidade do lume. 

Paraxes devastados na Serra de Caurel tras o incendio, a 23 de xullo de 2022 / Carlos Castro - Europa Press / Europa Press
Paraxes devastados na Serra de Caurel tras o incendio, a 23 de xullo de 2022 / Carlos Castro - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta