Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2024 | Actualizada ás 16:04
O colectivo ecoloxista Adega pide a paralización do parque eólico denominado 'Ruña II', en Mazaricos, para evitar danos a un patrimonio xeolóxico que cualifica de "único".
As obras, nos montes da Ruña, "poden estar a causar danos sobre o patrimonio natural", avisa, e en concreto refírese a hábitats prioritarios e singulares elementos geomorfológicos do glaciarismo "non contemplados" na declaración de impacto ambiental.
Segundo informa Adega, o parque eólico 'Ruña II', que promove Eurus Desenvolvementos Renovables, foi "obxecto dun despezamento irregular co 'Ruña III', actualmente paralizado preventivamente" polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
En consecuencia, Adega, que apunta ao informe realizado polo profesor Juan Ramón Vidal Romaní sobre esta zona, solicitou á Dirección Xeral de Patrimonio Natural que decrete a paralización das obras do 'Ruña II' para "preservar os elementos naturais".
Tamén solicita que "se inicie un procedemento para a declaración deste espazo (montes e glaciar rochoso da Ruña) como protexido, ben como ampliación da ZEC Carnota-Monte Pindo, ou ben como Monumento Natural ou Paisaxe Protexida".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.