Os Premios Martin Códax desvelan os 57 finalistas da súa 11º edición

Ata o 12 de maio o público poderá votar polos músicos e proxectos favoritos e os galardóns entregaranse en Pontevedra o día 15 do vindeiro mes.

Por E.P. | Santiago | 24/04/2024 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

Un total de 57 artistas e proxectos musicais conforman os finalistas nas distintas categorías dos Premios Martin Códax 2024, que entregarán os galardóns de 11º edición o próximo 15 de maio en Pontevedra.

As adegas Martin Códax, en Cambados, acolleron este mércores o acto de lectura dos finalistas seleccionados polo xurado desta edición dos premios da música galega que, agora, encaran a súa fase de votación popular.

Entre este xoves 25 de abril e o 12 de maio o público poderá elixir cales son os seus favoritos para levar o premio nas case 20 categorías a concurso. Os gañadores e gañadoras coñeceranse na gala que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra a mediados de maio. As votacións poderán realizarse na web dos Premios Martin Códax da Música.

Así, Caamaño & Ameixeiras, Susana Seivane e De Ninghures optan ao premio na categoría de Folk, mentres que Brais Morán & Nasaufunk, O Cadelo Lunático e Martins Aneiros Band fano en Blues, Funk e Soul.

En Músicas do Mundo e Mestizaxe son finalistas Catuxa Salom, Raposa e Woyza & The Galician Messengers; e en Canción de Autor/a son Antía Muíño, Guadi Galego e A Pedreira Músicas.

Ash Diz, hydn e C Miranzo compiten en Músicas Urbanas como o fan en Orquestras, Grupos e Música de Verbena as orquestras América de Vigo, Burgas Big Band e Orquestra Charleston.

En Metal e Heavy, o xurado elixiu a Youcanthide, Her Anxiety e Rymer, mentres que en Bandas de Música Popular poderán levar o premio a Agrupación Musical de Goián, a Banda de Música Municipal de Silleda e a Banda de Música Unión de Guláns.

Malvela, Mediarea e Os Melidaos optan ao galardón en Música Tradicional; A Gramola Gominola, Uxía Lambona e a Banda Molona e Pakolas en categoría Infantil; Fabio Álvarez, Carme López e Juan Eiras en Música Clásica e Contemporánea; e Mondra, Lontreira e Grande Amore pugnan polo premio en Electrónica.

Ademais, o premio en Jazz e Músicas Improvisadas irá para a Orquestra Galega de Liberación, Pablo Sanmamed Trío + Benxamín Otero ou Diego Alonso; mentres que o de Rock e Punk será para Moloch, Terbutalina ou Mad Martin Trío.

Completan as categorías principais o apartado de Pop e Indie, no que son finalistas The Rapants, Lucía Aldao e Mai; así como o premio a Artista Emerxente, no que volve estar nomeado Mondra xunto a Leria e Gloria Pávia.

No apartado de premios 'Organistrum', que recoñecen ás mellores iniciativas vinculadas á música galega, Muidiño Sessions, O tiktok de Rodri Míguez e Revista Rebelico foron recoñecidos como mellores proxectos de Comunicación e Difusión, Galegote, EmigraSON e As Nosas Músicas de Cousa como mellores festivais; e Mardi Gras, A Pousada da Galiza Imaxinaria e A Arca dá Noe como mellores salas de concertos.

Foto de familia dos finalistas dos 11º premios Martín Códax. MARTÍN CÓDAX
Foto de familia dos finalistas dos 11º premios Martín Códax. MARTÍN CÓDAX | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta